Recoñecidos artistas, no VII Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, en Covelo
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/ciclo_musica_relixiosa_cove.jpg)
O cartel da sétima edición desta iniciativa foi presentada hoxe no Balneario de Mondariz, nunha rolda de prensa na que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor “a calidade e a diversidade desta oferta cultural no ámbito rural, que conta xa cunha importante continuidade no tempo”.
Seis concertos entre abril e setembro
Promovido pola Parroquia de San Martiño de Barcia de Mera, o ciclo abrirá a súa sétima edición o 25 de abril cun concerto inaugural a cargo do Grupo Instrumental Siglo XX. A formación Luz y Norte ofrecerá o concerto do día 23 de maio, cun repertorio que terá como protagonista a música europea e latinoamericana dos séculos XVI e XVII. A seguinte sesión, o 20 de xuño, contará con solistas da Orquetra de Cámara Galega, mentres que o sábado 18 de xullo actuará a Capela Finis Terrae, con obras de Frescobaldi, Telemann, Bach e Haendel.
O 29 de agosto será a quenda de Vox Stellae, cun concerto conmemorativo do quinto centenario do nacemento de santa Teresa, con obras de Guerrero, Giovanni Palestrina e do cancioneiro popular. Finalmente, o ciclo despedirase da man da mezzosprano Belén Elvira que, acompañada do pianista J.A Álvarez Parejo, interpretará obras de Haendel, Scubert, Mascagni, Verdi o Falla.
O párroco de Barcia de Mera, Rafael Antela; a directora artística do ciclo, Nieves García-Soto; o director da Orquestra de Cámara Galega, Rogelio Groba; o actor maximino Queizán, que recitará no concerto do 29 de agosto, e Amalia Gallego, responsable de prensa do Balneario de Mondariz, tamén participaron na presentación da nova edición desta cita cultural que esperta cada ano o interese dos veciños do lugar, así como do público en xeral.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia