Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Mesasolicita ante o TSXG a execución da sentenza do topónimo de A Coruña e pide a dedución de testemuño por desobediencia grave contra Francisco Vázquez

 

No marco do proceso xudicial do que é parte, A Mesa pola Normalización Lingüística presentou na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza un escrito suplicando a execución da Sentenza e, así mesmo, a dedución de testemuño por desobediencia grave contra do alcalde da Coruña, o socialista Francisco Vázquez.

 

A Sentenza nº 606 de 1994 falla “...instando a que dito Concello recoñeza e utilice como nome oficial o de A Coruña en vez de La Coruña, así como que utilice o idioma galego en todas as ordes oficiais e en consecuencia dispoñemos que o Concello de A Coruña terá que utilizar como nome oficial o de A Coruña e haberá de aplicar a lingua galega nas convocatorias de sesións, ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, dictames das comisións informativas e actas...”

 

Dita Sentenza foi obxecto de recurso de casación perante o Tribunal Supremo, recurso que Francisco Vázquez perdeu, mais para o cal a corporación gobernada polo PSOE utilizou diñeiros públicos, contratando un destacado (e caro) letrado madrileño especialista en dereito administrativo.

 

Unha providencia de 28 de xuño de 2004 do TSXG dispón: “... requírase ao Alcalde presidente do Concello de A Coruña a fin de que proceda a executar en debida forma a Sentenza resolutoria do presente proceso nos termos especificados nos Autos de 10 de xuño de 2003 e 19 de novembro de 2003 con novo apercibimento dunha multa coercitiva de 301 euros, e a remisión das actuacións ao Ministerio Fiscal por delicto de desobediencia”.

 

Máis recentemente, o 11 de febreiro deste mesmo 2005,unAuto do TSXG negou queas supostas “circunstancias novidosas”que supuñan o claramente ilegal (e hilarante) acordo municipal do PSOE tentando cooficializar o L, amparen a viabilidade dun novo recurso de casación, denegando a preparación do mesmo ao Letrado do Concello da Coruña.

 

E ante estas feitos, A Mesa, parte no proceso desde a súa orixe, presentou escrito solicitando a execución da Sentenza e a dedución de testemuño por desobediencia grave contra Francisco Vázquez, na liña da citada providencia do TSXG.

 

O escrito fai unha serie de consideracións, destacando a actitude deliberadamente rebelde do rexedor do PSOE, a súa deslealdade e infidelidade e subliñando que cando a Autoridade despreza a Lei e as sentenzas xudiciais, morre a lexitimidade democrática. Lémbrase tamén ao Tribunal que ten a obriga de facer cumprir a Lei e de exixir que os obrigados polas sentenzas executen o mandato contido nas mesmas.

 
A Mesa pola Normalización Lingüística