Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O vento do Nordés descubre placas de chapapote do Prestige en Muros e Carnota

As placas de chapapote atópanse principalmente na boca da lagoa de Louro, en Boca do Río, e nas canles de tormenta dos sistemas dunares. A variación da area nestes sistemas segue un proceso completamente normal.
Resulta lamentable que quede aínda tanto chapapote por retirar, 27 meses despois do verquido, non só de coídos, cantís e outros sistemas rochosos senón mesmo das praias. Parte deste chapapote continúa a ser retirado por voluntarios, aínda que este aspecto non teña xa trascendencia, máis cando estamos a asistir a unha Comisión sobre o tema no Parlamento de Galicia, na que dende cargos do Goberno afirman e reiteran que todo está solucionado.
Resulta obvio que un verquido como o do Prestige precisa de medios técnicos, materiais e humanos, ademais de tempo, para ser paliado. ADEGA, unha vez máis, volveuse  poñer en contacto cos responsábeis para a retirada deste fuel.

 

 
Adega