O pemento de Mougán súmase á lista de produtos galegos con selo de calidade

Para a súa inscrición derradeira, houbo que remitir aos servizos da Comisión Europea o prego de condicións e a restante documentación necesaria para o seu rexistro como indicación xeográfica protexida. Tras estudar toda a documentación, este produto galego foi inscrito no rexistro europeo de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, certificando así a súa calidade.
Pemento de Mougán
O ámbito xeográfico da IXP Pemento de Mougán comprende a totalidade do territorio do concello lugués de Guntín. O nome da denominación “Mougán” é o do topónimo desta parroquia, dende onde partían no transporte público os pementos destinados ao mercado da capital. As características deste produto veñen recollidas no propio Diario Oficial de Galicia.
A inscrición do produto como indicación xeográfica protexida baséase tanto nas súas características específicas ligadas ao territorio -por tratarse dun ecotipo de pemento adaptado ás condicións desta área- como pola súa reputación, fundamentalmente recoñecida no ámbito da Comunidade.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia