Exposición sobre Manuel Rodríguez López na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/manuelrodriguez_biblioanxel.jpg)
Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido en Paradela para logo expoñerse en Lugo – Museo Provincial- no San Froilán de 2013, e posteriormente en Begonte, Paradela, Portomarín, Sarria, Vilalba, Santiago, A Coruña, Barcelona, Madrid, e na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso. Na Biblioteca Anxo Casal vai permanecer ata finais do mes de xullo. Con posterioridade visitará Guitiriz, con motivo do Festival de Pardiñas.
Está composta por oito paneis dobles, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán.
GaliciaDigital