Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Festival de Teatro Alternativo leva ao Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) o programa “Soas en escena” do 8 ao 12 de marzo

A IV edición do Festival Alternativo de Teatro e Danza "Vigo, a outra alternativa" continua este ano coa programación de ciclos temáticos e coincidindo coa celebración do Día da Muller Traballadora, nesta ocasión estará adicado ás mulleres no teatro.
Deste xeito, doende o martes, día 8, ata o 12 de marzo, as instalacións do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) acollerán, a partir das 20.30 horas, o programa especial "Soas en escena", no que actrices, directoras de escena, dramaturxas e coreógrafas estrearán as súas representacións unipersonais, creadas especialmente para ALT 2005 de Vigo.
Cada xornada abrirá ao público a posibilidade de entrar nun espacio único e íntimo no que unha muller-actriz amosará toda a sua forza e sensibilidade na soedade do escenario e no que as artístas percorerán aqueles temas que cada unha queira amosar dende puntos de vista femininos distintos dos habituais.
Así, mañá 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, está previsto un desenvolvimento dun programa dobre que dará comezo ás 20.30 horas da man da madrileña Alicia Gómez, coa súa obra "Mantis Religiosa". Ás 21.15 horas será turno da actriz de Santiago de Compostela Luma Gómez, que porá en escena "Muller, non é para tanto", baixo a dirección e a dramaturxia de Lola Correa, directora do festival.
Alicia Gómez conta cunha ampla experiencia en teatro, tanto en papeles protagonistas, como en “Una hora de felicitat” de Manuel Veiga, a composición musical “El tonto invento de la bicicleta hidroavioneta”, sobre un texto de Cristóbal Serra, ou o papel de Wendy, en “Peter Pan”.
Ademais, en cine é a protagonista no largometraxe “Cuídate de mí” de Javier de la Torre, e nos cortosmetraxes “Mejor te invento”, de Jesús Amaro, “Recuerdos”, de Daniel Martínez, “De por vida” de Iván Muñoz, “Planteamiento, Nudo y Desenlace”, de Javier de la Torre, “Desorden”, de Fran Hernández, e “Mi novio”, de Guillermo Ríos, papel co que obtivo o premio á mellor interpretación femenina no V Certamen de Cortos CMU Santa María de Europa.
Tamén ten traballado como actriz para publicidade (Retevisión, Instituto de la Mujer e Movistar), videoclips (Manu Carrasco), e vídeos formativos (Hoteles Sol-Melià e Iberia).
Luma Gómez, pola súa banda, é unha actriz cunha longa e prolífica carreira profesional, durante a cal ten traballado en diversas compañías teatrais, así como en múltiples montaxes do Centro Dramático Galego en papeis protagonistas. Tamén ten feito diversos papeis cinematográficos e é actriz habitual en programas e series da TVG.
Comezou a súa actividade teatral en 1969, sendo cofundadora das compañías teatrais Teatro Zoo en 197, Teatro Andrómena, en 1979, Teatro do Estaribel, Cooperativa Teatral Galega, en 1980, e Teatro do Noroeste, en 1991.
Como actriz de teatro ten participado nas obras “Noite de reis” de William Shakespeare, “Uhna rosa é unha rosa, unha comedia de medo”, de Suso de Toro, “Las galas del difunto” de Ramón María del Valle Inclán, “Celestina, comedia dos tolos amores de Calisto e Melibea”, en versión de Eduardo Alonso.
En televisión fixo traballos de doblaxe en diversas series e películas para TVG e participou nas series “Servicio de urxencias”, "Celia" con dirección de José Luis Borau, “Pratos combinados” e “A familia Pita”.
Como actriz de cine participou na películas “O bosque animado”, dirixida por José Luis Cuerda, "Urxa" de Carlos Piñeiro e Alfredo Pinal, “El juego de los mensajes invisibles”, dirixida por Juan Pinzás, e "La leyenda de la doncella" tamén de Juan Pinzás.
O mércores, 9 de marzo, a arxentina Viviana Figueroa interpretará, durante 50 minutos, a obra "Rota" baixo a dirección e a dramaturxia de Juan Branca.
En Arxentina ten participado nunha larga lista de produccións teatrais, entre as que destacan "Tangos Reos", "El Tiempo- La Condena- Apunte I”, "Dramatizaciones para Campaña Publicitaria", "Tres Hermanas " e "Cara de Barro".
Xa en España participou nas obras “La Pipistrela”, “Macbeth” e “No”, entre outras, así como en diversas actividades docentes.
A viguesa Lola Correa será a encargada de sair a escena o xoves, 10 de marzo, coa obra "Jaque", dunha duración aproximada de 40 minutos, na que estará dirixida por Carlos Alvarez-Ossorio.
Ademásis de ser a directora e actriz do grupo Noescafé-teatro, con esta mesma entidade organiza e dirixe, dende hai catro anos, o Festival Alternativo de teatro e danza “Vigo, a outra alternativa”.
Participou nas obras teatrais “Lluvia “, de Somerset Maughan, “Don Perlimplin con Belisa en su jardín “, de Federico García Lorca, “Noches de amor efímero“, de Paloma Pedrero, “La maldición de la bruja“, de Gilbert e Sullivan e adaptada por E. Ablanedo, nos cabarets “Virutas Sarcásticas”, El Kabarett indomable”, “Burlesco”, “Juegos de taberna” e “¡Venga-dos!”, entre outros.
A súa experiencia como actriz tamén inclue a súa participación en cortometraxes, como “Simplemente Palmira” e “Deja que me acerque”, largometraxes, como “Las Bellas Durmientes” e televisión, como “Fíos” e “El club de la comedia”, no que quedou semifinalista co monólogo “El cine x”.
O venres 11 de marzo, Pepa Plana, procedente de Barcelona, interpretará a obra "L' Atzar ", na que durante uns 40 minutos dará vida a unha pallasa, que por azar acaba atopando o que non atopaba.
Ten traballado nos espectáculos “Hatzàrdia”, de Pepa Plana e Joan Busquets, no marco da “Fira deCirc-Trapezi 2004”, “Giulietta” de Pepa Plana, Harris Gordon e Carles Chamarro e “De Pe a Pa” de Joan Busquets e Pepa Plana, que tras ser presentada en Barcelona en 1998, mantívose durante oito meses en carteleira.
Finalmente, o sábado 12 de marzo, Mercé de Rande, coa súa obra "Vouquerevento" pechará o festival “Soas en escena”, cuxo broche final será a mostra dun traballo conxunto.
Interpretou a danza performática "G.ovo", no marco da Marcha Mundial das Mulleres, que tivo lugar en Vigo no 2004, en "Camafeo" e “Soledad orbital", e tamén ten participado en vídeos experimentales como “Oceanity Feeling", "15 xestos x1 desacordo", "Mise en bleu", "Les filles á la maison" e "Tempo".
O prezo para presenciar cada interpretación é de 5 euros, mentres que o bono para as cinco actuacións é de 20 euros.
Pilar Martínez, Departamento de Cultura