AGE esixe un pleno extraordinario sobre o accidente de tren de Angrois

“Se queren realmente dotar este Parlamento de contido e non facer un xogo de hipocrisías”, sinalou en comparecencia antes os medios de comunicación a viceportavoz de AGE Yolanda Díaz, “poden convocar a comisión das caixas, discutir as conclusións da comisión de investigación da corrupción, convocar unha mesa polo emprego que analice tamén a desindustrialización do país, ou procurar solucións á crise demográfica”. Mais o Partido Popular dedícase a se repartir entes públicos como o Consello de Contas ou o consello de administración da CRTVG co PSdeG, nun “reforzamento funcional do bipartidismo”.
Gabinete de Comunicación de AGE