Gaiteiros de Galicia, Cataluña e Navarra participarán no VI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/certamen_celtiberico_bandas.jpg)
O Pazo Provincial acolleu a presentación do evento, un certame que a Deputación de Ourense ven organizando dende o ano 1991, inicialmente como Campionato Provincial de Bandas de Gaitas, logo como Campionato Nacional de Bandas de Gaitas, posteriormente como Liga Galega de Bandas de Gaitas e dende hai catro anos como Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.
O acto contou coa presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez; o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, e o director xeral de Oca Nova Manzaneda, Gustavo Sanmartín.
Xosé Lois Foxo destacou do programa que o día 25 terá lugar a celebración da “Noite Celta”, na que actuarán a Banda de Gaitas do Centro Galego de Navarra, “Lapsus Gaita”, as Cantareiras da Real Banda, “Pol Lari & Meritxell Bayarri, e a Real Xuvenil. O día 26, entre as 11.00 e as 14.00 horas, terá lugar o certame coa participación das bandas “Flariz”, de Monterrei, “As Xuncos”, de Xunqueira de Espadanedo, as Bandas de Gaitas dos concellos de Verín, Riós, Vilariño de Conso e Manzaneda e a da Carballeira. O evento rematará coa entrega de diplomas e medallas.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense