Teresa Búa gaña o XIII Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/certame_artes_plasticas_201.jpg)
Este certame, un dos más consolidados e prestixiosos de Galicia, ten dous accésits con 500 euros cada un, que foi para Marcos Jesús Covela Mira, pola súa obra “Stock”, e para unha pintura de Diego Benéitez Gómez, titulada “Horizonte”.
A esta XIII edición presentáronse máis de cen traballos de toda Galicia e de lugares como Madrid, Sevilla, Asturias, Málaga, San Sebastián, Barcelona ou Bilbao. O xurado estivo integrado por Xosé Manuel Buxán Bran, profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, crítico de arte e comisario de exposicións; Mercedes Rozas, crítica de arte e comisaria de exposicións; Eva Torres, directora do Museo Municipal de Ourense; Ángel Cerviño, artista visual, comisario de exposicións e crítico de arte e Manuel Pérez Penín, pintor. Como secretario do xurado actuou Francisco José Cougil Hermida.
O certame complétase cunha exposición que se inaugurará no mes de setembro, onde se poderán ver as obras galardoadas e unha selección das obras presentadas a esta edición.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense