Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Concello de Teo acolle os actos do III cabodano de Avelino Pousa Antelo

Na primeira parte do acto intervirán Navia Rivas de Castro e Sara Torreiro. Despois da lectura da acta de outorgamento e da propia entrega do premio tomarán a palabra o presidente da asociación parroquial e un membro da familia de Pousa.

A continuación os actos seguirán no paseo Avelino Pousa nos Verxeis. Alí haberá unha intervención musical a cargo de Raúl coa peza “O gaiteiro nubeiro”, e falarán Mini e Mero no nome dos asistentes e unha persoa da familia, pechando o acto a concelleira de Cultura de Teo, Pilar Faxil.

A xornada seguirá cun xantar de irmandade en San Xoán de Barcala (A Baña) e pola tarde en Negreira. No monólito en memoria de Pousa, á beira do CEIP O Coto de Negreira falarán Xoán Xosé Fernández Abella, Alfonso Blanco da AC Xermolos, Guillerme Vidal da AC Afonso Eanes, X. Amancio Liñares Giraut, e o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas.

O Concello de Teo acolle a entrega do Caxato de Avelino, un recoñecemento que recibiu con moita estima o ano pasado, no II cabodano da morte de Avelino Pousa Antelo, fillo adoptivo de Teo.

Os actos contan coa colaboración do Concello de Teo, do Concello de Negreira e da asociación cultural Afonso Eanes de Barcala.
Concello de Teo