Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A novena edición da carreira Coruña10 abre o seu prazo de inscrición

As inscricións das e dos atletas faranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.org ata o día 1 de outubro ás 23:59h e a cota da inscrición será de 10 € para as e os propietarios de chip amarelo, e 12 € para aquelas persoas que non dispoñan do chip. Coma vén sendo habitual, as e os menores tamén contarán coas súas probas. Nesta IX Carreira Popular Coruña10 poderán participar atletas da categoría benxamín (nacidos nos anos 2006/2007) até a categoría xuvenil (1998/1999).

A carreira, que ten un perfil practicamente chairo e por asfalto na súa totalidade, terá a súa saída na Avenida da Habana e a meta na Avenida Buenos Aires. As e os atletas populares percorrerán 10.000 metros polo Paseo Marítimo da enseada do Orzán, achegándose dun extremo a outro nas rotondas do Milleium e Torre de Hércules.

As primeiras persoas clasificadas na carreira Coruña10 obterán premios en metálico, e aquelas que batan o récord da proba tanto na categoría masculina (28:09) como na feminina (31:40) obterán un premio de 1.000 euros. O regulamento así como todos os servizos que ofrece Coruña10 poderán atoparse na web municipal www.coruna.es/carreraspopulares.
Concello da Coruña