Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Case 13.000 persoas visitaron en menos de dous meses a mostra «Heroes animados» en A Coruña

«Heroes animados» mostra, desde o punto de vista do deseño dos personaxes, todo o proceso creativo dunha produción de cine de animación de alta calidade, desde que nace o guión ata que finaliza o proxecto. A montaxe parte do traballo desenvolvido polo estudo nos seus 25 anos de historia a través das películas O príncipe de Exipto, Spirit, O corcel indomable, A ruta cara ao Dourado, Simbad e a lenda do Sete Mares, O espantatiburóns, Madagascar, Kung-Fu Panda, Como adestrar ao teu dragón, A noiva cadáver de Tim Burton, Piratas e Hotel Transilvania.

A exposición exhibe pezas orixinais únicas, que se mostran por vez primeira ante o público e inclúe materiais diversos que se mostraron en diferentes proxectos relacionados co ámbito da animación no Museum of Modern Art de Nova York (MoMA); o Katzen Arts Center (American University Museum), en Washington; o County Museum of Art (LACMA) de Los Ángeles; o Bell Light Box (The TIFF), en Toronto; The Australian Centre of Moving Image (ACMI), en Melbourne; ou na Cinémathèque Française de París.

«VACACIÓNS ANIMADAS. CANDO OS DEBUXOS FALAN»

Paralelamente á mostra, a área educativa da entidade, como en cada proxecto expositivo, deseñou un completo programa co que os máis pequenos e os mozos da casa se poden achegar a todos os segredos que hai detrás da creación de personaxes animados da maneira máis divertida e didáctica. Así, desde o 28 de xullo e ata mañá, 27 de agosto, nenos e mozos aprenderon a desenvolver a súa sensibilidade artística co obradoiro «Vacacións animadas. Cando os debuxos falan», que ten dúas modalidades, a infantil, de 4 a 7 anos, e a xuvenil, de 8 a 12 anos. Mañá será o último día para poder desfrutar deste obradoiro en horario de 10.00 a 12.00 h e de 12.00 a 14.00 h, respectivamente. Co inicio do curso escolar, ofertaranse distintos programas adaptados aos diferentes ciclos, dirixidos a tódolos centros que estean interesados en participar.
Ademais, no outono, Carlos Grangel, codirector de Grangel Studio, ofrecerá unha conferencia na Sede de Afundación sobre as características do traballo de animación de alta calidade e programarase un ciclo de cine infantil de animación no que se proxectarán algunhas das producións deste estudo: Kung-Fu Panda, Hotel Transilvania, A ruta cara ao Dourado, Madagascar, Piratas e Como adestrar ao teu dragón.
Afundación (Abanca)