O Concello de Tui organiza un espectáculo de flyboard no que poderán participar gratuitamente 26 persoas
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/flyboard_tui.jpg)
O flyboard trátase especificamente do aparato co que se practica este novo deporte acuático, conéctase e obtense a súa potencia por medio dun jetski (moto de auga), o cal ten como función darlle a propulsión debaixo e sobre a auga. Os practicantes conéctanse ó aparato por medio dunhas botas ou táboas, as cales dan o soporte necesario para dar o equilibrio pertinente e que consiga voar sobre a auga.
Esta é a primeira vez que un concello galego vai realizar flyboard nun río. Trátase dunha boa oportunidade para probar de xeito totalmente gratuíto unha modalidade deportiva orixinal, e que habitualmente ten un elevado custe para os participantes. Para obter unha das prazas e así poder gozar do flyboard, é preciso participar nun concurso que pon en marcha o Concello de Tui a través da Radio Municipal de Tui.
Desde o mércores 2 e até venres 4 de setembro, a Radio Municipal de Tui vai sortear 26 pases para practicar flyboard este domingo nas augas do río Miño. Participar é moi sinxelo. Dende a radio lanzarase unha serie de preguntas, e os interesados deberán achegar as súas respostas, chamando ó número de teléfono 986 60 70 55.
O participante deberá indicar o seu nome completo con apelidos, idade e DNI, xunto coa resposta, que será contabilizada por rigorosa orde. Cada día, dez minutos antes das 12 do mediodía, farase o sorteo en directo.
Os gañadores poderán desfrutar dun pase completo para practicar flyboard. Haberá 12 vales para mozos entre 12 e 18 anos e 14 para adultos, dende os 18 anos en diante. Os menores de idade deberán contar con autorización paterna. O horario da actividade dividirase entre mañá e tarde, de 11h. a 14h. e de 16h. a 19.30h. A partir das sete e media da tarde do domingo, membros de Flyboard Vigo realizarán unha exhibición. Lémbrase que os participantes deberán levar bañador e toalla.
Gabinete de Comunicación do Concello de Tui