BNG e PCPG coinciden na necesidade de que Galicia teña unha representación soberana no Congreso

Esa candidatura de unidade, que demanda unha gran parte da sociedade sen adscrición política algunha, debe ser un instrumento electoral que permita sumar apoios de todos e todas as que desexan que Galiza “conte e sexa protagonista” nun contexto de mudanzas políticas na estrutura estatal.
BNG e PCPG entenden que a candidatura debe ser de ampla e plural, que debe incorporar a todos os colectivos sociais, organizacións e ao conxunto da cidadanía que comparte, desde a diversidade ideolóxica, que unha candidatura galega de unidade nos comicios xerais e a mellor alternativa para que Galiza acade a forza necesaría para exercer os seus dereitos nacionais de forma soberana.
Gabinete de Comunicación do BNG