Presentouse o III Festival de Teatro Amador Galego Estenarúa, en Ferrol
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/estenarua.jpg)
O acto, que se desenvolveu na Casa do Concello de Ferrol, contou coa presenza do Concelleiro Delegado de Cultura D. Suso Basterrechea e de diversos colaboradores coma a presidenta da Federación Galega de Teatro Amador AMATEGA, e representantes da Asociación de Comerciantes Centro Comercial Aberto A Magdalena, Mundo Danza, Asociación de Mulleres de Caranza e AGRIPA.
EsteNarúa celebrarase o vindeiro fin de semana nas rúas de Ferrol, e contará con diversas manifestacións das diversas artes escénicas coma o teatro, danza, música, zumba, clases de teatro, visitas guiadas pola cidade e unha exposición de pintura e fotografía no Hotel Carrís Almirante sobre o Camiño Inglés.
Así o sábado pola mañá, un pasarrúas formado por Ti e Máis Eu Teatro,o resto de compañías, unha charanga musical, así como diversos artistas musicais como o gaiteiro Fernan, percorrerán dende as 11 da mañá o barrio de A Magdalena para anunciar as actividades que se desenvolverán nos dous días. Así mesmo, se poderá disfrutar de unha actuación infantil na Praza de Amboaxe a cargo da Orquesta Pantasma, unha Masterclass de zumba na Praza da Constitución e unha actuación musical na arcada da Casa do Concello por parte do grupo Superglú.
Xa pola tarde, os sketch teatrais de Agarimo Teatro, Teatro Estepario, Teatro Azar, Hermanas Teatro, Teatro Rúa Placer, a danza de Mundo Danza-Jesús Quiroga e a música dos alumnos e alumnas da Rockschool Ferrol e David Avett, encherán as prazas de Amboaxe e a Constitución.
Ás 20:00 será o turno para unha actuación no Teatro Jofre a cargo de Teatro El Ruiseñor, coa obra “Las esposa alegres de Windsor” con entradas de valde que se poden conseguir na taquilla do Teatro Jofre.
O día 13, comezará con unha Masterclass de teatro ás 11:00 no Hotel Carrís Almirante e rematará con unha visita guiada pola cidade de Ferrol ás 12:00 a cargo de “El Peregrino Viajero”.
O programa completo pódese consultar nas distintas redes sociais de Ti e Máis Eu Teatro, e na páxina da asociación www.tiemaiseuteatro.com Os eventos son todos gratuitos e abertos a toda a cidadanía.
En caso de choiva, os actos programados para a Praza da Constitución teñen pensado desenvolverse no Palco da Música do Cantón e os anunciados para a Praza de Amboaxe, no Patio do Centro Cultural Torrente Ballester.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol