As innovacións en xestión da Deputación de Ourense, no South Summit 2015
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/spain_startup.jpg)
A organización do South Summit, que se celebra en Madrid do 7 ao 9 de outubro, pediulle ao presidente do goberno provincial que participe nesta edición achegando a súa idea sobre "O papel das institucións públicas no desenvolvemento do sector empresarial" (The role of public institutions in the development of the entrepreneurial sector), unha conferencia que ofrecerá en inglés diante de emprendedores e empresarios de todo o mundo. É o único dirixente político convidado ao South Summit e participará na "Start-up School", sección na que se presentan ferramentas de vangarda e consellos de innovación por parte de xestores e empresarios
No South Summit danse cita as principais referencias do ecosistema emprendedor e supón unha grande oportunidade para xerar negocio e responder ás necesidades e intereses de todos os actores. Manuel Baltar considera que o feito de ser convidado para explicar o modelo de xestión que ten implantado na Deputación de Ourense "significa seguir posicionando a nosa provincia no mundo en clave de innovación e modernidade, algo que contribuirá a atraer a Ourense proxectos competitivos e de vangarda para xerar riqueza e emprego".
No encontro participarán as start-ups máis innovadoras e speakers de primero nivel mundial. Na pasada edición contou cun total de 7.000 asistentes de 34 nacionalidades, 3.500 emprendedores, 1.800 grandes empresas e 450 investidores.
Para a presente edición, que se terá lugar na Praza de Touros das Ventas (Madrid) xa foron seleccionadas as 100 start-ups finalistas de entre máis de 1.800 candidaturas presentadas de todo o mundo. Entre elas hai 62 proxectos españois e os restantes proceden de países como italia, Portugal, Bulgaria, Francia, Alemaña, Grecia, Arxentina, Chile, Perú, Estados Unidos e Kuwait. As categorías nas que compiten son: Healthcare & BioTech, Software for the big players, Hardware & connected things, Digital Media for mass markets e Industrial Revolution.
A edición do South Summit deste ano contará con máis de 150 speakers e máis de 100 investidores, e entre as grandes referencias do sector estarán nomes como Gwynne Shotwell de Space X; Inés Santos Silva de Startup Pirates; James Cameron de Accel Partners; Renaud Visage de Eventbrite, e David Brown, socio e co-fundador de Techstars.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense