Elvira Lindo recibirá no OUFF o premio Irmandade do Libro ao mellor guión adaptado
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/elvira_lindo.jpg)
O premio recoñece así o labor da prolífica autora, que escribiu o guión para as películas “La primera noche de mi vida”, xunto a Miguel Albadalejo; “Manolito Gafotas” (personaxe que ela mesmo interpretou na radio); “Ataque verbal”, tamén con Albadalejo; “Plenilunio”, adaptación da novela de Antonio Muñoz Molina; ou “La vida inesperada”.
Ten no seu haber numerosos e recoñecidos premios, como o Nacional de Literatura Infantil, que lle foi concedido en 1998 por “Los trapos sucios de Manolito Gafotas”; igualmente, estivo nominada para o Goya ao mellor guión adaptado no ano 2000 por “Manolito Gafotas”
A distinción a Elvira Lindo é a terceira que se concede dentro do Festival Internacional de Cine de Ourense. A primeira foi para o escritor, director e guionista galego Angel de la Cruz, por “Enrugas”; a segunda, o pasado ano, recaeu en Carlos Bardem por “Alacrán enamorado”. O premio foi instituído para recoñecer a frutífera relación entre cine e literatura, que ten permitido crear filmes de calidade e que teñen acadado gran éxito.
A entrega terá lugar o próximo día 15 de novembro, segunda xornada do Festival, no transcurso dun acto a celebrar no Teatro Principal.
Fotografía: http://www.elviralindo.com/blog/
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense