Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Consello de Deportes recauda fondos solidarios para familias de refuxiados de Siria

O Salón de Pleno do Concello de Ourense acolleu esta mañá a presentación dunha actividade deportiva, organizada polo Consello Municipal de Deportes e en colaboración con Cruz Vermella, destinada a recaudar fondos para as familias de refuxiados de Siria.

O evento será o mércores, 14 de outubro, a partires das 20.00 horas, no Pavillón de Os Remedios. O importe das entradas, que custarán 3 euros, irá destinado íntegramente ás familias sirias.

A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, explicou que “o drama humanitario que se está a vivir en Siria non nos é alleo no Concello de Ourense, toda vez que fumos o primeiro concello de Galicia en elaborar un protocolo para a o acollemento de familias de refuxiados sirios, unha vez que tanto a administración central como a autonómica fixen os criterios para distribuir ás familias que acollamos en España.

Pero mentras chega ese momento, en Ourense non estamos de brazos cruzados. Por iso mañá celebraremos unha tarde deportiva con fins benéficos para recaudar fondos para estas familias”.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Mario Guede, explicou o programa previsto: comezará ás 20.00 horas cunha exhibición de ximnasia cargo do Club Ximnasia Pavillón. Ás 20:15 horas terá lugar un partido pre-benxamín do Pabellón Club de Fútbol, segido dun partido de división de honra feminino amistoso entre o Ourense Club de Fútbol e o Club Cidade das Burgas FSF. No descanso deste encontro, haberá unha exhibición de patinaxe a cargo do Club Deportivo Ourela.

Por último, Mario Guede recalcou a necesidade de participar neste evento, “para amosar que Ourense é unha cidade solidaria e comprometida”.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense