A Consellería de Sanidade descarta o contaxio de ébola e desactiva o protocolo
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/ebola_galicia.jpg)
Unha vez pechado o caso, non se prevén novas informacións dado que os datos persoais, os da historia clínica e a súa evolución están protexidos pola Lei de protección de datos de carácter persoal, como acontece con todos os pacientes do Sergas.
A Consellería de Sanidade e a Dirección Xeral de Saúde Pública agradecen aos profesionais tanto do CHUAC como do CHUVI, do 061 e do Sistema de Alertas Epidemiolóxicas de Galicia (SAEG) a súa xenerosidade e imprescindible colaboración, así como aos seus correspondentes equipos directivos, grazas a todos os cales é posible manter a alta calidade asistencial.
Tamén agradece aos medios de comunicación o tratamento e a cobertura informativa que se ten dado deste caso, evitando situacións de alarmismo innecesario entre a poboación, e permitindo aos profesionais sanitarios desenvolver a súa labor nun entorno máis tranquilo e axeitado para a xestión deste tipo de situacións.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia