A solidariedade, eixo central dunha mostra didáctica do artista Siro López
Na mostra, que ademais da súa calidade artística ten un marcado carácter didáctico e educativo, o autor utiliza diversidade de técnicas e materiais como lapis, bolígrafo, graffiti, aerógrafo ou colaxe. Catalogado no realismo conceptual, nas súas obras mestura a pintura coa instalación e ensamblaxe de materiais de refugallo recollidos en múltiples contextos.‘Arte e Solidaridade’ permanecerá aberta ao público ata o 25 de novembro de luns a sábado en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. Ademais, haberá visitas guiadas e propostas didácticas para centros educativos de primaria, secundaria e bacharelato.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela
