Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O cuarteto Brentano protagoniza un novo concerto do ciclo de música Enclave de Cámara

Logo do éxito da celebración de Samaín comeza un mes de novembro cheo de actividades na axenda cultural do Concello de Ourense. Este xoves día 5, a cidade terá a oportunidade de escoitar ao famoso cuarteto neoiorquino Brentano. Desde a súa fundación no 1992, o cuarteto Brentano foi aclamado polo público e a crítica que desatou a súa brillantez técnica, coñecemento musical e elegancia estilística. Será no Teatro Principal á partir das 20.30 h, e as entradas xa se poden adquirir desde 5 €.

O venres temos dúas citas importantes no Auditorio Municipal. Ás 18 h comezará o espectáculo infantil BB Circus, dirixido a bebés. BB Circus é a historia dun soño dun neno. O pequeno Martiño está crecendo e descubrindo as pequenas posibilidades que van aparecendo no seu mundo. As entradas teñen un prezo de 3 €.

Ás 22 h será o turno de Una noche con Quique San Francisco. O versátil e premiado actor, presenta unha escolleita selección dos seus mellores e máis famosos monólogos cons que triunfou en escenario e programas tan emblemáticos como El club de la comedia ou El hormiguero. O prezo das entradas é de 16 €.

O sábado día 7, a programación vai enfocada a un clásico estilo musical, Un día en la ópera, proxecto ambicioso que xunta sobre o escenario catro solistas de gran proxección artística internacional e ofrece un repertorio cos mellores momentos da historia da ópera. Será no Auditorio ás 20.30 h e as entradas á venda teñen un prezo de 8 €.

Finalmente, o domingo ás 12 h, temos unha nova cita coa programación infantil, está vez cun espectáculo dirixido aos maiores de 5 anos que poderán gozar con A viaxe de Rosalía. A protagonista desta viaxe non é outra que Rosalía de Castro, que vén coa súa madriña Francisca, e xuntas contará pasaxes da vida da artista e algúns dos seus poemas.

Todas as entradas pódense adquirir en ataquilla.com ou dúas horas antes do comezo de cada espectáculo.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense