Notas
-
A metade dos concellos subscritos están gobernados polo PP, o 14% polo PSOE, outro 14% polo BNG e o 21´4% restante por outras formacións. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, informou no Pleno do Parlamento da marcha do Consorcio.
-
Salientáronse as incorporacións que se están introducindo nas fichas sociais.
-
Esta iniciativa ten por obxectivo ensaiar un método automático de transmisión de datos de cara a prever, con exactitude e celeridade, a evolución dun posible caso de contaminación mariña.
-
Pérez Touriño presidiu en Vigo a presentación do plan Beiramar, que implicará un investimento de 134 millóns de euros para ampliar a oferta de ocio, deporte e cultura da cidade. Sostén que a ampliación das instalacións portuarias e a construción da plataforma loxística Salvaterra-As Neves abren un espazo de oportunidade para a cidade.
-
O director xeral de I+D+i inaugurou a sede da Oficina no Centro de Innovación e Servizos de Ferrol. A OPIDI terá delegacións en Santiago de Compostela e Bruxelas.
-
Propoñen crear observatorios da corrupción e incorporar a ética na formación, selección e promoción do persoal ao servizo da Administración. Un experto alerta da incidencia dos aparatos burocráticos privados sobre as decisións que se toman nas administracións públicas.
-
A Vicepresidencia xestiona o novo Rexistro de Convenios, onde se contemplan non só os asinados pola Xunta, senón tamén por todos os seus órganos dependentes.
-
No anterior reparto de fondos comunitarios (IFOP), a comunidade galega acadara un 45,3% do total repartido fronte ao 63,19% conseguido actualmente. A industria de transformación, o sector acuícola e a frota de baixura serán os máis beneficiados.
-
O Plano contempla axudas para os homes que reduzan a súa xornada laboral para coidar a un fillo ou a posta en marcha dunha rede de canguros, entre outras medidas.
-
La concejalía de Xuventude colabora con esta iniciativa que pretende fomentar la relación Concello-Campus. El artista Carlos Jean ofrece un concierto a partir de las once y media de la noche. Concello de Ferrol, Caixanova y Coca-Cola son los principales patrocinadores de este evento.