Notas
-
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC organiza, en colaboración coa Facultade de Óptica e Optometría, un obradoiro de prismáticos e telescopios para examinar o ceo nocturno que se desenvolverá o xoves 28 de novembro, e o luns 2 e o martes 3 de decembro en horario de 19.30 a 21.00 horas. A primeira das xornadas desenvolverase na Aula Magna da Facultade de Óptica e Optometría.
-
A piques de rematar os traballos do I Plan Cuadrienal de Memoria Democrática (2021-2024), o equipo do grupo Histagra da USC atopou importantes achados preliminares na actuación de exhumación no cemiterio de O Val (Narón), que contemplaba a realización dunha gabia na parte dianteira dos nichos.
-
Despois da estancia en Portugal co gallo do Festival da Plataforma Transfronteiriza do Teatro Amador, retomamos as actividades da XVII Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón' con novas forzas. O venres, día primeiro de novembro chega o grupo Disfunción Continua da Estrada (Pontevedra) coa comedia ENTRAÑAS NEGRAS para que botemos unhas risas coa historia de tres irmáns, Isaura, Hortensia e Aurora, que están a velar o cadáver do defunto marido de Isaura no pazo familiar, onde semella que os reloxos quedaron parados noutro tempo.
-
O tambor, a guitarra, o piano, a frauta... son algúns dos instrumentos musicais que soan na orquestra dos Bolechas. Despois da súa estrea en Boiro, a nova xira de teatro 'Os Bolechas tocan nunha grande orquestra' chega aos teatros de toda Galicia para ofrecer un gran concerto ás nenas e nenos e transmitirlles a importancia da colaboración e a creatividade.
-
A vendima na Denominación de Orixe Ribeira Sacra concluíu cunha colleita que produciu unhas uvas de excelente calidade. En verbas do presidente do Consello regulador da D.O., Antonio Lombardía Crespo: 'Coido que os viños de esta anada vámolos a poder desfrutar durante moitos anos, a calidade coa que entraron as uvas nas adegas foi inmellorable'. A día de hoxe recolléronse 4.881.326 quilos de uva, o que reflicte o esforzo de viticultores e adegas por preservar a viticultura heroica e a calidade da produción.
-
O xoves, día 17 de outubro, ás 19.30 horas en NORMAL, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, terá lugar a inauguración da exposición “Fío do Norte”, comisariada por Juan Luis Toboso en diálogo con Filipa Ramos. O evento contará,ás 20:00 horas, co concerto de Carme López, que engadirá unha experiencia sonora única á inauguración.
-
A obra e traxectoria de Luis Seoane inspiran a primeira exposición en España do chileno César GablerA Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes inaugura a súa programación no presente curso cunha mostra na que o artista chileno César Gabler propón unha relectura da produción visual de Luis Seoane, partindo dunha serie de aspectos vinculados ao exilio, as vangardas e a cultura popular. Desenvolvida especificamente para esta sala, Ultramarinos Seoane é a primeira mostra en España deste artista e docente da Universidade de Finis Terrae de Santiago de Chile.
-
Este mes de outubro, as artes escénicas volven a ser as protagonistas da programación cultural de Ourense e fano da man da celebración do XVII Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). O evento terá lugar do 16 ao 27 de outubro, principalmente na cidade das Burgas pero tamén en Celanova, e contará con 13 espectáculos de compañías galegas e foráneas. A programación foi presentada este mércores no Teatro Principal de Ourense por parte das entidades organizadoras, colaboradoras e patrocinadoras.
-
Un total de 3.334 lucenses participaron na XLVI Semana de Cine de Lugo, tanto nas proxeccións nas cinco sedes do Festival, en Aspnais ou nos Centros Penitenciarios de Monterroso, Bonxe e Teixeiro, como nas actividades especiais organizadas con motivo da Semana. A maior parte dos participantes acudiron ao Auditorio, onde se contabilizan 1.509 persoas nas seccións Oficial, infantil e O mellor do ano.
-
Entre o 20 e o 28 de setembro, o Galician Freaky Film Festival convertiuse en Vigo St., grazas á celebración do VIII Galician Freaky Film Festival, o festival internacional de cinema freak e fantástico de Galicia. Seis día de proxeccións e actividades paralelas culminaron coa entrega de premios, na que se coñeceron os gañadores dos Dinosetos decapitados, que este ano eran prateados e con ollos vermellos, emulando ao T800 de Terminator.