Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Ao longo dunha semana, do 2 ao 8 de setembro, a provincia de Ourense acollerá a celebración do Congreso Internacional sobre Socialización do Patrimonio no Medio Rural (Sopa). Nel presentaranse máis de 60 comunicacións procedentes de países como México, Colombia, Chile, Arxentina, Grecia, Alemaña, Portugal e España e realizadas por case un centenar de investigadores e investigadoras en ámbitos como a arqueoloxía, a educación e a antropoloxía.
  • 'A pegada da pesca: cultura e memoria mariñeira en Foz' é un proxecto impulsado polo Concello de Foz para a obtención das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través do GALP A Mariña – Ortegal na convocatoria 2023. Este proxecto ten como principal obxectivo dar visibilidade á actividade mariñeira focense ao longo da súa historia, mediante a recuperación da memoria local dalgúns dos seus protagonistas.
  • O Festival 17° Ribeira Sacra, que celebra a súa oitava edición do 26 ao 28 de xullo e que pertence a marca Festivales Territorio, completa cartel coas incorporacións do grupo De Ninghures e as sesións DJ de Señora DJ, Schultz e Tristón DJ. Ademais, engade dúas novas experiencias para o público: a cata Cervezas Alhambra, coas entradas dispoñibles desde este mércores na páxina web do festival.
  • Os actos, organizados polo Concello de Foz coa colaboración de Egeria, consistiron nunha sesión de homenaxe e unha exposición que, nunha ducia de paneis, percorre a vida e obra desta muller que cantou a Foz e ás súas xentes e, ao dicir do escritor Cesar Michelena, 'sorbió de Foz la inspiración más pura', viaxou por todo o mundo, e como funcionaria municipal tivo ao seu cargo os temas de turismo do pobo que leva décadas nos primeiros postos de atracción turística do país.
  • -A Xunta de Galicia expón unha escolma de fotografías de José Luis Vega que percorren a década dos anos 70 do pasado século, ofrecendo unha panorámica das xentes, o urbanismo ou a situación económica e social de Lugo naquela época. A mostra A cidade e as xentes prolongarase ata o mes de outubro e consta de dúas partes diferenciadas. A Biblioteca Pública Provincial rescata as imaxes relativas ao período 1970-1975, que hai un ano expuxera o Arquivo Histórico Provincial, mentres este acolle desde marzo as correspondentes á etapa entre 1975-1979.
  • 26 alcaldes da provincia de Lugo, pertencentes ao Partido Popular, visitarán a sede de Aspnais o próximo luns, para coñecer en detalle o funcionamento das instalacións desta Asociación Provincial de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual. Estarán acompañados pola Presidenta provincial do Partido, Elena Candia; polos voceiros de concellos onde o PP está na oposición, entre eles os de Antas de Ulla, Becerreá, Castroverde e Lugo, e polo voceiro do Grupo provincial, Antonio Ameijide, coordinador da visita, que considera de grande interese este contacto directo cunha entidade que atende a diversos usuarios procedentes dos concellos representados polos visitantes.
  • Un ano máis, e xa van 5, a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel ten o pracer de organizar o Courel Son, Jazz e Blues na Montaña. Serán catro grandes concertos en catro localidades distintas da serra, mantendo o obxectivo de dar vida a todos e cada un dos pobos do noso territorio, ao tempo que demostramos que, sexa a paraxe que sexa, dispoñemos dos mellores escenarios naturais.
  • Tivo lugar a presentación da nova edición do Resurrection Fest, a número 19 deste evento. A organización espera unha asistencia de máis de 120.000 persoas desde o mércores e ata o sábado, coa participación de preto dun centenar de artistas nos catro escenarios do recinto. Inclúe entre os seus nomes algúns referentes internacionais como Alice Cooper, The Offspring, Avenged Sevenfold, Bring me the horizon, Megadeth ou Bruce Dickinson.
  • La Casa de la Cultura de Quiroga acogió una jornada organizada por O Courel destino y futuro sobre la situación del urbanismo en la zona de O Courel. Este encuentro, en el que se profundizó en temas clave como el suelo rústico y el planeamiento territorial, ha sido una oportunidad para debatir y encontrar soluciones que promuevan un desarrollo sostenible en nuestra región.
  • O Arcanxo Festival celebrará a súa primeira edición con dous días de música metal internacional na Freixa, no municipio de Ponteareas. Será os días 19 e 20 de xullo, cun cartel cheo de bandas de metal tan recoñecidas como a brasileira Ratos de Porão, a sueca Enforcer, a belga Evil Invaders e a española Angelus Apatrida. O festival está organizado pola firma ponteareá de roupa We Play Metal, así como por ITP Promotions e 138 Producións.