Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Presentouse a programación completa de Guerrilla no Concello de Pontevedra. Nela participarón Demetrio Gómez, Concelleiro de Cultura; Manuel Roxo, representante de Culturactiva e Mercedes Peón, artista que participará este co seu espectáculo Osmose. Xuntas achegáronnos en primicia a esencia da programación. Guerrilla cumpre tres anos en Pontevedra e celébrao coa súa programación máis extensa e ambiciosa.
  • Unha nova exploración arqueolóxica da Cova Eirós, situada na parroquia lucense de Cancelo (Triacastela), proporciona datos novidosos sobre a Prehistoria das montañas luguesas. Os traballos desenvolvidos ao longo deste verán dan continuidade e amplían as escavacións precedentes dos niveis do Paleolítico medio e permiten documentar as manifestacións de arte rupestre no seu interior.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuniuse con representantes da comunidade islámica en Galicia, para informarlles da aprobación, por parte do Goberno galego, do novo de Tal e como lles trasladou o conselleiro na xuntanza, a nova norma presta especial atención ás implicacións que o dereito á liberdade relixiosa ten respecto desta materia, contendo unha regulación expresa para aqueles enterramentos que, por motivos confesionais, teñan que realizarse en contacto coa terra.
  • O Recorda Fest fixo hoxe públicos os horarios dos 14 concertos que se celebrarán durante os días 8 e 9 de setembro no Peirao de Batería da Coruña. O venres a apertura de portas será ás 16:30 horas, e o sábado ás 16:45 horas. Despistaos será o grupo encargado de inaugurar un festival para todas as idades e que conquistará a pequenos e maiores, nun show de 17:00 a 18:00 horas. A continuación, será Miss Caffeína quen se suba ó escenario, de 18:30 a 19:30 horas.
  • Vén de publicarse o cartel anunciador da Semana de Cine de Lugo, na súa edición XLV, que se celebrará do 18 ao 23 do próximo mes de setembro. O motivo principal do cartel é unha foto de agosto de 1914, da rodaxe en Lugo do cineasta José Gil, desde un automóbil que circulaba polo adarve da Muralla lucense.
  • Os Asteleiros Fra son os máis antigos asteleiros de ribeira de Galicia, tendo máis de dous séculos de existencia, xa que se sabe que en 1806 xa construian barcos para a pesca. Están en San Ciprián, na costa de Lugo, e o seu director é Francisco Fra Rico, pertencente á séptima xeneración familiar dedicada á construción artesá de barcos. Ademais da construción de barcos, realizan tamén un importante labor pedagóxico.
  • Lourenzá, a vila natal do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, acollerá do 4 ao 6 de setembro un encontro de tres días no que se afondará no seu legado dende diversas perspectivas. Preto de vinte especialistas de distintas institucións analizarán a biografía e a obra de Fernández del Riego como activista, intelectual, estudoso e escritor nos sucesivos contextos históricos que percorreu na súa case centenaria vida.
  • O vindeiro 20 de agosto terá lugar en Teo un acto en homenaxe a Avelino Pousa Antelo, no undécimo aniversario do seu pasamento. Comezará ás 12:00 horas no Auditorio Constante Liste, xunto á Casa do Concello de Teo, na Ramallosa, e continuará no Paseo Avelino Pousa da Urbanización dos Verxeis / Oza. No transcurso do acto, farase entrega do Caxato Avelino Pousa a Carme Varela, escritora, historiadora, autora teatral, e colaboradora por ben anos de Avelino Pousa Antelo como Secretaria Técnica da Fundación Castelao.
  • O domingo 3 de setembro, dentro da programación do XII Encontro Artes pola Integración, terá lugar na praza da Constitución da Coruña (Cidade Vella), en horario de 17:00 a 20:00 horas, o “Concurso de pezas para a comunidade”. Trátase dunha convocatoria aberta a creadores e creadoras - dun mínimo de dous e un máximo de catro intérpretes - que presenten as súas propostas de danza, música e/ou teatro dun máximo de 15 minutos de duración onde se reúna a persoas con e sen diversidade.
  • Durante o mes de agosto, o persoal do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC ofrece baixo o título ‘Noites Astronómicas’ sesións de divulgación en diferentes localidades galegas. A primeira delas terá lugar na noite das Perseidas, o sábado 12 de agosto, en Lalín, unha localidade que recibiu no mes de abril a certificación como Destino Turístico Starlight, o quinto de Galicia.