Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • A Coruña celebra o seu cinefilia esta semana grazas a INTERSECCIÓN - Festival Internacional de Cinema da Coruña. Os amantes da sétima arte máis inconformistas gozan de máis de 150 proxeccións con 29 estreas mundiais e 28 estreas en España - procedentes de máis de 30 países como Israel, China, Xapón, Estados Unidos, Canadá, Francia, Alemaña, Malaisia ou Arxentina.
  • Bisavós e bisavoas, tataravós e tataravoas, familiares prehistóricos… os antepasados dos Bolechas regresan nesta nova aventura plasmados no lenzo. A nova obra de teatro “Os Bolechas en Familia visitan unha galería de arte” chega aos teatros de toda Galicia. Neste teatro de monicreques, os irmáns visitan unha galería na que coñecen a un pintoresco personaxe que realiza unha poxa de cadros, entre os que destacan algúns de artistas moi coñecidos: Castelao, Lugrís, Piccasso e algún petróglifo.
  • O proxecto eTwinning, promovido pola Comisión Europea co obxecto de fomentar a colaboración entre centros educativos a través do uso das TIC e a promoción de metodoloxías activas e inclusivas, antóllase como unha ferramenta axeitada para potenciar a investigación e a innovación educativa, segundo subliñou Eduardo José Fuentes Abeledo na apertura das xornadas internacionais Forinnova Lite.
  • O documental 'Doxandeem, cazadores de sueños', producido por Goree Island, vén de estrearse mundialmente no Festival Panafricano de cine de Ouagadougou (FESPACO), en Burkina Faso, e pasar por pantallas de Senegal, Francia e Alemaña. Agora, este vindeiro sábado 14 de outubro recalará en Ferrol, no Centro Cultural Torrente Ballester, ás 20 horas da tarde, co afán de reflexionar sobre a migración e a súa complexidade.
  • Música, teatro, danza, exposicións, faladoiros, cursos ou propostas audiovisuais integran a programación do Outono Cultural, unha iniciativa que abrangue a meirande parte da acción da USC en materia de cultura neste primeiro período do ano. Esta nova programación leva aos campus de Santiago e Lugo múltiples propostas dirixidas ao alumnado da USC pero abertas, na súa maioría, ao conxunto da cidadanía.
  • O Global Omnium Auditorio e o Peirao XXI situado nas instalacións do Acuario de Sevilla acolle desde o martes 3 ata o xoves 5 de outubro o IV Congreso Iberoamericano de Enxeñaría Naval que organiza o Instituto Panamericano de Enxeñaría Naval Américas en colaboración coa Cátedra Ghenova – Universidade da Coruña e no que participan máis de 350 entidades.
  • O espazo expositivo do campus de Ourense, a Sala Alterarte, arrancou este xoves a programación do curso 2023/2024 coa exposición Clinamen. Catro propostas de abstracción radical. A mostra, comisariada por Manolo Figueiras, conta con obras dos artistas ourensáns Alejandro Caporale, Antonio Fernández Seoane, María Puertas e Antonio Soria Rocafort.
  • 4.162 espectadores viron algunha das 135 películas proxectadas na Semana de Cine de Lugo 2023, ou das facilitadas a Aspnais e aos centros penitenciarios de Monterroso, Bonxe e Teixeiro. 3.043 destes asistentes foron ás diversas sesións celebradas no Auditorio de Lugo, 769 nas outras salas da capital, e o resto en Aspnais e nos centros penitenciarios.
  • Aínda que a súa constitución como campus de Ourense da Universidade de Vigo produciuse en 1990, a súa orixe está no Colexio Universitario de Ourense, que en 1973 arrancou, adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, a súa actividade docente impartindo catro titulacións e cunha comunidade universitaria formada por 204 estudantes, once docentes e tres administrativos. Ese antigo colexio universitario foi evolucionando ao longo dos anos ata conformar o que hoxe é este campus.
  • Afondar na análise das construcións históricas con ferramentas arqueolóxicas é un dos obxectivos centrais do curso de extensión universitaria que ten no convento de Santa Clara tanto o escenario das súas sesións teóricas como o obxecto de estudo das súas clases prácticas, que toman como punto de partida o proxecto de intervención arqueolóxica realizado no convento.