Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O proxecto europeo competitivo ‘Educational Knowledge Transfer’ (EKT) enfronta a derradeira fase da súa execución co desenvolvemento da súa conferencia final que terá lugar o vindeiro 13 de abril na Facultade de Ciencias da Educación da USC. Este proxecto conta coa participación dun total de once socios académicos e tecnolóxicos de seis países da Unión Europea.
  • A Universidade da Coruña organiza, por noveno ano consecutivo, a FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro sábado 4 de marzo, no Campus Industrial de Ferrol, entre as 09:00 e as 18:00 horas. Nesta edición, participan un total de 44 equipos (22 na categoría FLL Challenge, 21 na FLL Explore e 1 na FLL Discover) e máis de 300 mozos e mozas de toda Galicia.
  • O Festival 17° Ribeira Sacra regresa na súa sétima edición que se celebrará do 28 ao 30 de xullo. Un ano máis, este territorio converterase nun encontro único que maridará ao longo dunha fin de semana música, arte, gastronomía e patrimonio nun marco natural de excepción como é a Ribeira Sacra. Unha experiencia única ao redor da música en directo e de experiencias nunha zona de gran riqueza vinícola.
  • Faltan 60 días para que chegue a Vigo o festival científico CinVigo, organizado polo Centro de Investigacións Biomédicas da UVigo. Trátase dunha nova iniciativa coa que este centro de I+D+i, no que traballan máis de 200 persoas, busca achegar a ciencia que día a día se fai nos seus espazos ás prazas e rúas, convertendo así o centro da cidade olívica nun auténtico laboratorio científico do que poida ser partícipe toda a cidadanía.
  • A nova vaga de actividades do programa 'Faíscas culturais' permitirá que o lume da cultura siga a espallarse polas aulas universitarias e prenda no currículo académico do alumnado. A través desta iniciativa, a USC introduce, nas clases de diversas materias, proxectos artístico-pedagóxicos que serven de ancoraxe para a reflexión e o debate.
  • O festival SonRías Baixas anunciou hoxe as datas da súa vindeira edición, marcada neste 2023 polo seu 20 aniversario. O evento desenvolverase os días 3, 4 e 5 de agosto ao longo de tres días que apostarán, un ano máis, pola unión da música en directo, a gastronomía, e o ambiente de praia e natureza de Bueu, Pontevedra.
  • Un ducia de fotografías captadas por Inmaculada Gutiérrez, Pilar Moreno, Leopoldo Martínez e Lucía Morales, que descobren na natureza elementos xeométricos, simetrías e outros conceptos matemáticos integran a mostra ‘Xeometría Natural’, inaugurada este mércores 8 no claustro alto do Colexio de Fonseca, e que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 5 de abril.
  • O Salón Nobre do Colexio de Fonseca converterase a partir do 9 de febreiro en escenario teatral ao acoller a estrea de Shakespeare en Roma, a última produción do Centro Dramático Galego. O reitor da USC, Antonio López, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentaron este martes os detalles desta representación cuxos ensaios tamén se desenvolveron no Colexio de Fonseca ao longo dos últimos meses.
  • Vinte e nove anos despois do nacemento do Lugo Cultural, unha iniciativa que dá conta da colaboración e coordinación institucional a prol da promoción de actividades artísticas na capital luguesa e da posta en valor dos espazos universitarios como escenarios culturais, o abano de actividades incluídas na programación de 2023 busca incentivar unha maior implicación da comunidade universitaria na cohesión social.
  • A cidade de Ourense será a sede do IV Congreso Internacional sobre prevención, tratamento e control do consumo de cannabis e os seus derivados: abordaxe na adolescencia e desde a perspectiva de xénero, que se desenvolverá do 23 ao 25 de novembro no Auditorio Municipal.