Notas
-
O pasado sábado celebrouse na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos a gala de clausura e a entrega de premios da Fancine de Lemos 2023. Conducido pola xornalista monfortIna Manola Porto, e coa intervención de Iván Patiño, director do festival e Marina Doutón, concelleira de cultura, entregáronse na gala os premios á Mellor Curtametraxe Galega, Mellor Curtametraxe Española, Mellor Curtametraxe Internacional e Premio do Público.
-
A compañía andaluza Atalaya Teatro celebra o seu 40 aniversario da mellor das maneiras posibles en Cangas, recibindo o Premio do Público desta tamén 40 edición da Mostra. Este recoñecemento é froito das votacións anónimas que os espectadores e espectadoras poden emitir ao final de cada obra no Auditorio. Ao finalizar o espectáculo, o público ten á súa disposición uns papeis co nome da obra dese día cunha puntuación do 1 ao 5 para que fagan a súa valoración.
-
Promover a contemplación do solpor como unha forma de turismo única, sustentable e integradora do Espazo Atlántico é o alicerce do proxecto ATLANTIC_SUNSET, coordinado polos profesores da USC Ángel Miramontes, Jorge Mira e Rubén Lois. O consorcio integrado por oito institucións de catro países e liderado pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), acaba de obter máis dun millón de euros de financiamento no marco do programa Interreg Espazo Atlántico 2021-2027.
-
A novena edición do Festival de cine Fantástico e de Terror Fancine de Lemos comeza este mércores 5 de xullo coa gala inaugural que terá lugar ás 21.00 horas na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos. Na gala, que será conducida por Manola Porto, xornalista e locutora de Onda Cero Monforte, e que contará coa intervención de Iván Patiño, director do festival, e Marina Doutón, concelleira de cultura de Monforte de Lemos, entregarase o premio de honra Fancine 2023 á actriz e actriz de dobraxe Marian Salgado.
-
O acto tivo lugar na praia das Catedrais de Ribadeo, coa participación do delegado territorial de Lugo, Javier Arias; o alcalde deste concello, Daniel Vega, e a alcaldesa de Burela, Carmela López. O delegado celebrou as 10 Bandeiras Azuis que suman os dous municipios e instou a que as Administracións "sigamos colaborando e traballando no coidado do medio ambiente e nunha oferta turística sostible, accesible e de calidade".
-
A Xunta ten aberto o prazo para solicitar praza bonificada en residencia de estudos o vindeiro curso 2023-24 nos centros residenciais docentes da Coruña ( Concello de Culleredo), Ourense e Vigo, unha convocatoria dirixida a estudantes de ensino posobrigatorio (principalmente de Bacharelato e de Formación Profesional).
-
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación da nova edición do Festival Groba que comezará o 12 de agosto en Ponteareas co apoio da Xunta e que, tras o éxito da pasada edición, repetirá o seu programa especial pedagóxico para artistas novos e estudantes, centrado na práctica da música de cámara. O Director tivo un recordo especial ao mestre Groba, finado en 2022, impulsor dunha iniciativa “que ano a ano demostra o potencial da música clásica en Galicia”.
-
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, que participou na entrega de premios das XXVII Catas de viños da denominación de orixe Ribeira Sacra, que se celebrou no concello lugués de Monforte de Lemos, destacou a excelencia destes viños e o seu carácter diferencial, que lles confire a condición de referentes no ámbito nacional e mesmo internacional.
-
Os Bolechas comezan a súa xira de verán 'Os Bolechas Deportistas xogan no tempo'. É a segunda edición desta iniciativa, durante a cal visitarán quince concellos galegos co principal obxectivo de fomentar o uso da lingua galega no deporte e os hábitos de vida saudables entre os máis cativos. A xira arranca o 23 de xuño no concello de Ribeira, ás 12.00 horas, na Avenida do Malecón.
-
Do 21 de xuño ao 29 de xullo a Igrexa da Universidade abeirará a mostra 'Fragmentos de onte', unha exposición que parte do legado fotográfico de Ruth Matilda Anderson para tecer un itinerario pola Galicia dos anos 20 do século pasado. Promovida por Bodegas Martín Códax en colaboración coa Asociación Etnográfica Sete Espadelas, a mostra conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela.