Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Unha investigadora do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC conseguiu afondar nun dos grandes enigmas neste eido investigador: en que medida o cambio climático afectará o biodeterioro dos materiais empregados na construción do patrimonio monumental? O estudo conclúe que o cambio climático podería reducir a biomasa acumulada nos monumentos pero a colonización resistente pode ser máis deteriorante.
  • Sete edicións ás súas costas, e moitas ganas de seguir demostrando que a danza ten espazo e emoción máis aló das táboas dos teatros. O festival internacional de danza Quincegotas, con sede en A Coruña dende 2015, retoma a súa andadura neste 2022 tras un ano de parada involuntaria, para achegar as mellores propostas contemporáneas de danza ao público xeral.
  • Coincidindo coa festa dos Milagros de Saavedra, que se celebra o mércores, instalouse a quinta das esculturas que nas 19 parroquias do concello de Begonte van conformar un intanxible Camiño do Belén. A escultura, do artista lucense César Lorenzana é un gran banco de frores, dedicado á Virxe como 'Dona das frores. Señora dos Milagres. Mai do Belén'.
  • A Praza de Feixoo, en Santiago de Compostela, está lista para acoller a quinta edición do Festival Seráns, que terá lugar do 17 de maio ao 30 de xuño deste ano. O obxectivo deste festival é promover a cultura local e ofrecer unha experiencia musical única para todos os participantes, ademais de proporcionar entretemento á comunidade. Os locais Riquela Pub, Modus Vivendi e Borriquita de Belém, organizan este evento co seu amor pola cidade e compromiso coa música e a cultura.
  • O próximo domingo vaise celebrar a Romaría de San Vitorio na capela do Santo sita na parroquia begontesa de Damil, recuperando a tradición que levaba interrompida os últimos quince anos. Con este motivo, no Restaurante Casa Varela de Damil vén de abrirse unha exposición de pintura sobre temas relacionados coa romaría do San Vitorio: o santo, a capela, a contorna...
  • O FIV de Vilalba volveu brillar na súa décimo sexta edición, reunindo a un total de 6.000 persoas que gozaron de toda a programación do festival repartida entre o Escenario Vibra Mahou e o Escenario Emerxente. Os concertos no Escenario Vibra Mahou FIV foron, sen dúbida, os máis esperados da cita, coas actuacións de Lori Meyers, La Casa Azul, Sidonie, Sidecars, Delaporte, Carlangas, Moura, Hickeys, Berta Franklin e as sesións DJ amenizadas por Tangerine Sistas, Akkan e Ochoymedio Djs.
  • O Festival RESIS pecha esta semana a súa sexta edición, cunha ampla proposta de actividades vencelladas á música. Na primeira parte da semana, o festival propón o concerto da Sinfonietta da OSG e a presentación de Plasma, froito do programa de Residencias Artísticas do Gaiás 23. Dunha banda, mañá mércores 3 de maio, o Teatro Rosalía de Castro acolle ás 20:00 o concerto Só hai horizonte.
  • O Festival SonRías Baixas desvelou a distribución por días dos artistas que participarán na súa vindeira edición, que se celebrará durante os días 3, 4 e 5 de agosto en Bueu (Pontevedra), e na que o evento galego celebra o seu 20 aniversario. O cartel, encabezado por Natos y Waor, La Pegatina e Macaco, aposta de novo por unha proposta musical ecléctica, na que teñen cabida xéneros tan variados como o rock, os sons urbanos, a electrónica, a rumba ou o ska.
  • En catro días, o FIV de Vilalba volverá tinguir de fucsia a localidade na que se celebra o primeiro festival da tempada desde fai dezaseis anos. Vilalba espera numerosos visitantes na súa edición máis multitudinaria, albergando este ano un aforo para 5.000 persoas. O venres, o festival abrirá as súas portas ás 19 horas coa sesión de Tangerine Sistas, que dará paso ás actuacións de Moura, Carlangas, Sidecars, La Casa Azul e Akkan.
  • O Festival RESIS segue enchendo A Coruña da mellor música contemporánea e arte internacional. Como parte da súa programación, esta semana haberá unha instalación sonora e mais un concerto. O venres, día 28 de abril, ás 20:00, inaugurarase Faro Horizontal/7, instalación que se poderá visitar ata o día 19 de maio na Fundación Luís Seoane. Trátase dunha obra que mestura a música coa arte visual, da man de Marco Maril e Juan Lesta respectivamente.