Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O Festival de Teatro Universitario de Lugo bota o pano coa actriz Ana Esmith 'Miss Beige' como mestra de cerimonias do 'Salón dos rexeitados', logo dunha edición con 'marcado carácter social e reivindicativo', segundo puxeron de manifesto as temáticas das montaxes presentadas no auditorio Gustavo Freire polas compañías que tomaron parte na última edición deste certame.
  • O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a cesión dos terreos na Cidade das TIC onde se vai construír o edificio onde se ubicará a sede do Ecosistema dixital do sector audiovisual de Galicia.
  • Como xa é tradición, a Aula Universitaria do campus de Ourense Rosaura arrancou a programación da 28ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense. A cita, que se prolongará ata o 6 de maio contará con 20 espectáculos, principalmente de teatro universitario e profesional pero tamén de música, circo e danza ofrecidos por compañías estatais e foráneas. Entre elas, as aulas escénicas da Universidade de Vigo terán un papel destacado.
  • A vixésimo terceira Mostra de Teatro Universitario de Galicia bota a andar este luns 24 de abril en Santiago de Compostela para achegar á comunidade universitaria e á cidadanía as novas creacións da escena teatral das universidades galegas. A Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño, o Teatro Principal e o Auditorio Abanca erguen o pano para acoller a representación de sete pezas ata o 4 de maio.
  • A Nerd Nite correspondente ao mes de abril desenvolverase o vindeiro día 26, a partir das 20.30 horas, na Nave de Vidán. As persoas relatoras serán Andrea Rodríguez Antón, investigadora do INCIPIT-CSIC; xunto cos profesores da USC Alberto Quián e Belén Trigo García. Astronomía, hackers e dereito serán os eixos temáticos sobre os que se asentará a sesión de acceso libre ata completar a capacidade do espazo.
  • A programación desta semana comezará o xoves, día 20, co concerto da Banda Municipal baixo o título Dèserts, ás 20:00 no Teatro Colón. O venres ás 20:00 en Palexco será o concerto Só un Solo, composto e interpretado por Mario G. Cortizo. O sábado, a instalación sonora Organismo / Organscape, dende a 13:00 na Casa-Museo Casares Quiroga, e a proxección do filme Mist, ás 20:00 na Domus.
  • O Encontro Universitario de Danza que chega á súa vixésimo primeira edición desenvolve este mércores 19, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o seu acto central. Apartir das 20.30 horas, a sesión botará andar coa obra 'Á espera de....', a cargo da aula de danza da Universidade da Coruña. A continuación, será a quenda da Compañía de Danza da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, coa obra titulada 'Corpos Celestes'.
  • A Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña organiza, un ano máis, o Festival Internacional de Teatro Universitario, FITEUC, os días 18, 25 e 26 de abril no Fórum Metropolitano. O programa incíase o día 18 de abril con Alento, da Espazo de Danza da USC, Corpos Celetes, da Aula de Danza da UVigo - Campus de Ourense, e Á espera de..., da Aula de Danza NORMAL UDC.
  • O acto tivo lugar esta mañá na Praza do Obradoiro, no que participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a deputada provincial de Deportes, Cristina Capelán, a concelleira de Deportes de Santiago, Esther Pedrosa, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín e o padriño da carreira, Juan Carlos Higuero.
  • O certame de cinema e cultura underground Galician Freaky Film Festival lanza o seu primeiro concurso de banda deseñada. Tomando como referencia Neo-Tokyo, a cidade futurista na que ten lugar Akira, o filme homenaxeado este ano; os traballos presentados deberán estar ambientados en Neo-Vigo. Este Vigo ulterior, distópico e futurista deberá estar presente en todas as obras presentadas.