Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • A cidade de Ourense será a sede do IV Congreso Internacional sobre prevención, tratamento e control do consumo de cannabis e os seus derivados: abordaxe na adolescencia e desde a perspectiva de xénero, que se desenvolverá do 23 ao 25 de novembro no Auditorio Municipal.
  • Despois dun outono cheo de exitosos espectáculos como os musicais de 'El Médico, el Musical', 'Peter, el Musical' ou 'La Bella y la Bestia', ou a exposición inmersiva 'Vanguardias', aberta ata 26 de febreiro, o Mar de Vigo prepara novas propostas de primeiro nivel para o primeiro semestre do ano. Dentro destes novos espectáculos están a liña de musicais, pero tamén haberá cabida para o humor, maxia, bandas tributo e, sobre todo, xiras de grandes artistas internacionais.
  • O CDG regresa con esta nova produción ao universo shakespeariano para ofrecerlle ao público unha revisión destes catro títulos, cada un deles condensado en pouco máis de media hora. Esta particular proposta permite unir tres momentos da historia: o presente, o período isabelino e a Roma clásica a través da guerra, a violencia e a loita polo poder que guían o destino dos personaxes, co foco posto nalgúns secundarios presentes nos orixinais.
  • Do 28 ao 30 de abril, o FIV acollerá este ano a décimo sexta edición da primeira cita musical da tempada que se celebra en Vilalba (Lugo). O pasado mes de decembro anunciouse a primera metade de confirmacións do cartel e esta mañá desvelouse o resto de artistas que protagonizan unha das programacións máis completas ata a data.
  • Un equipo composto por persoal investigador da USC, CSIC, UDC e das universidades de Newcastle e St Andrews acaba de desenvolver un estudo transdisciplinar que demostra que o comezo da formación da paisaxeque rodea o mosteiro de Samos iniciouse durante a Idade de Ferro.
  • O proxecto Aldearmos, un 'programa de democratización cultural do e no rural' da Rede Aldear, formada por unha vintena de concellos do rural das provincias de Ourense e Lugo, arrancou no Xurés a súa programación de 2023. A iniciativa, que conta co apoio da UVigo e de entidades como Agadic, púxose en marcha o pasado 23 de outubro en Vilar de Santos e desde entón vén percorrendo diferentes puntos do rural galego co obxectivo de contribuír á súa dinamización. 
  • Unha recreación virtual de Galicia sobre unha base cartográfica, datos reais procedentes de sensores e outras fontes permitirá ás administracións e empresas realizar simulacións e probas e mellorar a prestación de servizos co uso de tecnoloxías de Intelixencia Artificial. 
  • Todos os traballos presentados competirán por entrar nas seccións: Oficial, España, Galicia, Descubertas e Escolas Internacionais, conformando grande parte da programación de proxeccións do e o palmarés do FICBUEU 2023. En paralelo haberá tamén outros cinco apartados non competitivos: Retrospectiva, Curtas en familia, Cativa, Infantil, Xuvenil. Ademais, as e os asistentes votarán in situ para o aclamado Premio do Público.
  • A cerimonia de entrega de galardóns da cuarta edición do Certame de Videocreación, unha iniciativa promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, converteu o Museo Interactivo da Historia de Lugo nun espazo de arte viva, no que a formación viguesa Trilitrate deleitou ao auditorio cun singular espectáculo de música e creacións visuais ao vivo.
  • A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou esta mañá un convenio coas universidades da Coruña e Santiago para a realización dun estudo sobre a viabilidade e os trámites necesarios para a creación dun operador enerxético municipal. Os reitores da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e da Universidade de Santiago, Antonio López, asinaron o acordo por parte das universidades.