Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, da Deputación da Coruña e das universidades da Coruña, Santiago e Vigo. Repartirá 7.500 euros entre as persoas gañadoras de oito categorías: canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e o premio do público.
  • Vense de fallar a XXVII edición do Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, convocado polo Concello de Paradela en memoria do seu Fillo Predilecto, destacado poeta obreiro, emigrante que foi a ponte de unión entre Galicia e os galegos de Catalunya, dos que foi cronista. Á presente edición concorreron un total de 913 traballos, dos que 409 foron no apartado de Poesía e 504 en narrativa.
  • Os vindeiros 17, 18 e 19 de xuño, A Coruña acollerá a undécima edición do XI Encontro Artes pola Integración, un proxecto que ten como principal obxectivo romper as barreiras entre artistas e persoas con e sen diversidade funcional e substituílas por vías de acceso bidireccionais que fomenten o coñecemento, o recoñecemento e a inclusión social a través das artes.
  • O proxecto rurAllure botou a andar hai algo máis dun ano co obxectivo de divulgar o patrimonio cultural que rodea as grandes vías de peregrinación de Europa, ampliando as experiencias dos peregrinos que as percorren achegándolles. A finalidade é empregar ferramentas tecnolóxicas e estratexias de innovación para achegarlles a oferta cultural das áreas rurais próximas.
  • O trío británico Muse actuará en Vigo dentro da programación do Xacobeo 21-22 o vindeiro 8 de setembro no Estadio de Balaídos para ofrecer unha das tres datas que ten reservadas en España. Na cidade tamén actuarán C. Tangana (23 de agosto no Porto de Vigo) e Rufus Wainwright (2 de xullo en Afundación). Ademais, haberá outros dous ciclos (Xacobeo Importa e Xacobeo Vigo) e dous festivais (Latitudes e Música Urbana) para conformar unha oferta que chegará ata os vinte concertos na cidade.
  • Desde este mércores e ata o 8 de xullo, a Sala Alterarte do campus de Ourense da Universidade de Vigo acolle a mostra da ourensá Mar Ramón Soriano titulada Sistemas empáticos. Comisariada por Sara Donoso, a mostra, seguindo a liña de traballo da súa creadora, afonda no 'diálogo entre o corpo e os obxectos domésticos'.
  • Este xoves o grupo Northwest actuará na sala Almacén do espazo cultural da Universidade da Coruña, NORMAL, no Campus de Riazor, con entrada libre e gratuíta. Fundado a finais de 2015 no Reino Unido polo multi-instrumentista, compositor e produtor Ignacio Simón e por Mariuca García-Lomas, Northwest foi definido como 'novo e experimental', 'cinematográfico e etéreo' e comparado con músicas como as de Scott Walker, Portishead, Radiohead ou Mark Hollis.
  • Baixo o nome Os sons da Pedra. O ronsel do Mestre Mateo, a Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC en colaboración co grupo de investigación Organistrum programa para estes días un compendio de actividades académicas e culturais cara á difusión do patrimonio instrumental proxectado na pedra polo xenio galego. A iniciativa apóiase nos traballos de construción en madeira dos instrumentos do Pórtico desenvolvidos entre 1990 e 1993.
  • No mundo virtual, os conceptos do real e do verdadeiro 'son complexos de discernir e desde a arte podemos sinalalos e criticalos', salienta o artista e alumno da UVigo Daniel Cerecedo, que presenta nestas semanas na galería La Doce de Boiro Chatroom, un proxecto expositivo no que reflexiona sobre a 'dicotomía público-privado', dous conceptos tamén, sinala, 'de difícil distinción no mundo virtual'.
  • O FIV de Vilalba volverá tinguir de rosa fucsia a localidade que lle viu nacer fai xa quince edicións. Ata o vindeiro domingo, o FIV acollerá un dos carteis máis completos que se lembran, volvendo á súa orixe, formando parte de apertura da tempada de festivais. Trátase dun evento único que funciona ademais como dinamizador cultural do territorio, xa que durante o mesmo, as dezanove propostas musicais mestúranse con outras disciplinas que completan a experiencia.