Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • 115 filmes, entre curtas e longametraxes, serán seleccionados para a súa exhibición na Semana. Rematado o prazo de admisión de películas para a XLIV edición da Semana de Cine de Lugo, tense recibido un total de 1.507 películas entre curtas e longametraxes. Do total destas producións cinematográficas, 1.316 recibíronse a través da plataforma Festhome, 161 a través de Click for Festivals e 30 de distribuidores independentes.
  • A Asociación Lugo Monumental presenta a Semana de Exaltación de la Cultura y el arte de Lugo (SECAL 2022) en que os lucenses poderán gozar de varias actividades e citas de diverso tipo. Tal e como se anunciou, a mostra estará envorcada no apoio aos artistas, aos que se dará difusión en locais do centro histórico. Un total de 20 propostas doutros tantos autores veranse en lugares novos, o que abre unha posibilidade importante para os creadores de chegar a un público que normalmente non ten ocasión de coñecelos.
  • A Mostra de Danza Latina e o Festival de Música e Danza Tradicional Tradi-Fest USC centrarán a actividade impulsada dende o espazo de danza da Universidade ao longo desta semana coa vontade de favorecer o diálogo entre culturas. Este martes 14 de maio, a partir das 19.30 horas, na Praza do Seminario de Estudos Galegos (diante da Facultade de Farmacia), desenvolverase a Mostra de Danza Latina que chega á súa sétima edición.
  • O proxecto europeo Atlantic CultureScape presentará esta fin de semana en A Guarda algúns dos resultados dos case tres anos de traballo a prol da recuperación do patrimonio inmaterial mariño e marítimo deste concello. Trátase de dúas pezas audiovisuais e dous roteiros de experiencias que poñen en valor o traballo das persoas vencelladas ao mar, os seus coñecementos e as infraestruturas da contorna.
  • Durante os días 9, 10 e 11 de xuño a Asociación Millo Verde festexará na Praia de Cesantes o XV Festival Alternativo Millo Verde onde a gran novidade é que o festival volve ser totalmente de balde e de libre acceso. 3 días de música, deporte, artes escénicas, baile africano, timbalada e moitas actividades máis. Todo isto no entorno da Praia de Cesantes en Redondela, onde tamén se encontrará unha zona gastronómica e artesana que creará un ambiente único.
  • Investigadoras da área de Antrolopoloxía Social e Cultural da USC na Facultade de Humanidades sitúan a cidade de Lugo e, nomeadamente, a súa muralla romana declarada Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco hai xa máis de dúas décadas, como referente para outras cidades europeas que aspiran a acadar un recoñecemento semellante por parte da Unesco para as súas murallas tardorromanas.
  • O espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, NORMAL, situado no Campus de Riazor énchese de propostas para este mes de xuño. O primeiro foi 'Ciencias e letras futuras, recital de textos do Obradoiro de Escrita da Área de Cultura', obradoiro desenvolvido no segundo cuadrimestre deste ano, conducido por Estíbaliz Espinosa e presentado este luns.
  • O Festival RESIS 2022 de música contemporánea pechou a pasada fin de semana a súa quinta edición. A cita propuxo en case dous meses de programación un total de 7 concertos, incluíndo a importantes músicos como Beat Furrer e un ciclo-homenaxe ao compositor Iannis Xenakis, no centenario do seu nacemento. Os espazos tamén foron moi significativos nesta edición.
  • O Libro de Horas de Fernando I, datado en 1055, saíu por primeira vez, en máis de 20 anos, da Biblioteca Xeral da USC para formar parte da mostra 'Santiago de Compostela no tempo'. O reitor da USC Antonio López participou tanto no acto inaugural como na recepción previa do Libro, unha das pezas máis valiosas do patrimonio bibliográfico galego e que se conservaba nunha cámara acoirazada.
  • Organizado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel, e co apoio económico e institucional da área de Cultura da Deputación de Lugo, do Concello de Folgoso do Courel, do Plan Leader xestionado polo GDR Ribeira Sacra-Courel e, non menos importantes, de Radio Bogavante, piensos Bittal, Caixa Rural Galega, Fundación Uxío Novoneyra, AGCT ou a Sociedade Micolóxica Lucus, volta o CourelSon ás airas e aos soutos de Courel.