Notas
-
O colectivo eXXperimenta en Feminino, formado por un centenar de docentes da Facultade de Ciencias, da Escola Superior de Enxeñaría Informática, da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Universitaria de Enfermaría da Universidade de Vigo, recibiu a nova da concesión do XVI Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades que outorga o Concello de Ourense.
-
O vindeiro mes de abril regresa o FIV de Vilalba. A vila gozará durante tres días de diversas actuacións e actividades repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución, o Escenario Emerxente, e no Campo da Feira, o Escenario FIV, cunha capacidade este ano para 5.000 persoas, e seguindo os protocolos vixentes no momento da celebración do festival, garantindo ante todo a seguridade de público e artistas.
-
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volve coa que será a súa edición máis longa, pois terá lugar do 10 ao 17 de xullo, con Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers como dous das súas cabezas de cartel. Despois de dúas cancelacións consecutivas por causa da pandemia, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta as primeiras confirmacións de grupos asistentes.
-
En 2021 os galegos enviaron a Sogama 405 toneladas menos de desperdicios incluídos na fracción resto —aquela que se recolle a través do contedor xenérico e que se corresponde coa chamada bolsa negra—, unha diferencia significativa, relacionada co período inmediatamente posterior ao 2020, marcado pola influencia que tivo a pandemia da covid e o confinamento domiciliario na produción de residuos.
-
Asomarse ao mundo persoal de Ramón María del Valle-Inclán a través de boa parte do patrimonio artístico que albergaba no seu domicilio, situado no número 5 da madrileña rúa Francisco de Rojas, é o que persegue a mostra ‘Valle-Inclán íntimo’, inaugurada este xoves 9 no Colexio de Fonseca e que se nutre da colección particular dos irmáns Valle-Inclán Alsina, Fernando, Miguel e Javier.
-
A central de reservas do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia xa está operativa para tramitar de forma telemática e gratuíta as autorizacións de acceso necesarias para visitar este espazo natural durante a vindeira Semana Santa, un dos períodos, xunto co verán, nos que está autorizado o transporte regular a Cíes e de Ons.
-
Os viñedos de Galicia aproveitan pouco máis da terceira parte da auga recibida en forma de precipitacións ou a través doutras formas de provisión de recursos hídricos, segundo se desprende da tese de doutoramento que vén de presentar na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC a investigadora do grupo Proxectos e Planificación (PROePLA) María Fandiño Beiro baixo o título 'Necesidade de auga e influencia dos sistemas de rega en Vitis vinífera Var. Albariño'.
-
Ausencias, Esencias, Presencias é o título do proxecto seleccionado na modalidade de comisariado da convocatoria de intervencións artísticas para a Zona C, un espazo expositivo do Concello de Santiago de Compostela que este mércores abre a súa programación para este 2022 cunha mostra ideada e protagonizada por alumnas de Belas Artes.
-
Do 1 ao 22 de febreiro, celebrarase no Paraninfo da Universidade o IV Ciclo Novos Talentos Musicais, unha actividade desenvolvida pola Asociación Compostela Sound e a Universidade de Santiago de Compostela para a promoción de intérpretes menores de 31 anos, que teñan orixe galega, residan en Galicia ou cursen estudos nalgúns dos centros de música desta comunidade.
-
Esta obra, que ten como finalidade contextualizar e dar a coñecer dunha maneira divulgativa os feitos que decorreron na fortaleza de Caldaloba ou Vilaxoán e que supuxeron a fin da existencia efectiva do Reino de Galiza, insírese nunha serie de accións e actividades que veñen desenvolvendo máis de vinte entidades da Terra Chá e concellos limítrofes, sob a lenda “Caldaloba.