Notas
-
A música de cámara volverá sonar este mes no auditorio da Casa do Saber de Lugo da man do convenio Lugo Cultural, unha iniciativa promovida con apoio económico da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, que ofrece en decembro tres concertos incluídos nos ciclos Músicas a carón da Mosqueira e na nova proposta para as mañás dos sábados 'Clásica antes do Vermú'.
-
'Non-artistas. Obradoiro para descubrir o teu lado creativo' é o título do taller que os estudantes da Facultade de Belas Artes Ailén Anahí Alcoba, Ada Amigo e Pedro Arranz levaron a cabo na Vicerreitoría do campus e no que convidaron a 14 persoas a explorar a súa creatividade dando forma a serie de obras que, ao longo do obradoiro, ían sumando as achegas do resto de participantes.
-
O vindeiro xoves terá lugar en Santiago a presentación do libro FUXINDO DA SAUDADE, do filósofo Pedro Rubal Pardeiro, e da web na súa honra, apoiada polo Concello de Alfoz, do que é Fillo Predilecto. Pedro Rubal, nonaxenario, é un especial caso de lucidez e esforzo, que desde hai máis dunha década publica semanalmente en GaliciaDigital un artigo no que, en base ao pensamento filosófico analiza acontecementos de actualidade con claridade e rigor.
-
O próximo mércores 1 de decembro terá lugar no auditorio do Vello Cárcere de Lugo un grande acto de lembranza a Luis Ferreiro Peinó, escultor lugués que este 2021 faría 100 anos. Este acto transcorre en paralelo á exposición «Peinó 100», que acolle precisamente O Vello Cárcere dende o pasado 3 de novembro e até o vindeiro 7 de xaneiro. Tamén está enmarcado dentro das iniciativas de lembranza do artista polo seu centenario.
-
A localización de Cova Eirós en Triacastela, entre o extremo máis occidental da cornixa cantábrica e a fachada atlántica peninsular, convértea nun importante enclave para entender a expansión das primeiras comunidades de Homo sapiens na Península ibérica e a progresiva extinción dos neandertais. A secuencia de Cova Eirós contén varios niveis que se enmarcan no momento de transición entre os últimos neandertais e os primeiros humanos modernos.
-
O Salón Teatro de Santiago será a principal sede do Encontro para a formación e a innovación no circo D10!, organizado pola compañía Pistacatro e que chega á súa sexta edición. Neste marco, o escenario do Centro Dramático Galego acolle os vindeiros días 24, 25 e 26 tres espectáculos abertos ao público e mais o obradoiro de dramaturxia no circo Escribir o risco, que terá lugar no Centro Sociocultural do Romaño.
-
Cinema Rabudo nace en Santiago de Compostela co fin de xerar un espazo de encontro para o audiovisual crítico e inconformista e incitar o debate e a reflexión sobre problemáticas sociais de actualidade. Feminismos, ecoloxismo, dereitos humanos, multiculturalidade e migracións son algúns dos temas que se tratan nas oito pezas que se proxectarán entre o 22 e o 26 de novembro.
-
Presentada pola Catedrática de Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, Amparo Alonso, no curso 'A Cidade das TIC: construíndo un futuro dixital' organizado polo reitor da UDC, Julio Abalde, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, definiu o proxecto da Cidade das TIC como un instrumento de colaboración para reter e atraer talento.
-
Despois duns meses marcados pola pandemia, a música volve a formar parte da programación cultural do campus de Pontevedra, da man do ciclo de concertos impulsado pola Vicerreitoría e a Concellaría de Promoción Económica e Universidades, ao abeiro dun convenio para o desenvolvemento de actividades nos ámbitos da cultura, educación, deporte, medio ambiente e novas tecnoloxías.
-
O Concello de Paradela vai celebrar durante o próximo 2022 o seu primeiro bicentenario. aradela naceu como concello en 1820, pero a celebración dos seus douscentos anos foi adiada polo problema da COVID ata o momento en que puidese celebrarse con maior liberdade, e así en 2022, coas favorables perspectivas sanitarias, estímase o momento axeitado para diversas celebracións que son obxecto de estudo nestes momentos.