Notas
-
Manuel Rama Caamaño desenvolveu na súa tese diferentes metodoloxías que permiten avaliar a sustentabilidade de sistemas urbanos e identificar os principais puntos febles con respecto a un desenvolvemento sostible. A investigación aborda unha cuestión de actualidade polo crecemento exponencial nas últimas décadas da poboación urbana, ata alcanzar o 66 % do global.
-
O 20 de agosto, cadrando coa data do pasamento de Avelino Pousa Antelo, na Casa do Concello de Teo (A Coruña), no auditorio Constante Liste, ás 12:00 horas, a Irmandade Avelino Pousa, xunto coa Irmandade Manuel María e a AC Xermolos, farán recoñecemento do VIII Caxado de Avelino ás irmás Marica e Tereixa Campo, pola íntima afectividade, amizade e lealdade a Avelino Pousa Antelo. Este recoñecemento cada ano baséase precisamente na valoración de afecto, relación limpa e lealdade á persoa de AVELINO POUSA.
-
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e os delegados da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; en Lugo, Javier Arias; en Ourense, Gabriel Alén; e Pontevedra; Luis Lopez; participaron no encontro Next Generation Galicia. Por un rural forte e conectado’.
-
Galicia, polo seu clima, o tipo cuberta da súa superficie forestal, é un paraíso micolóxico, salientou o catedrático da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Antonio Rigueiro, na apertura da xornada semipresencial promovida polo grupo operativo Mikogest para debater sobre as posibilidades de aproveitamento dos recursos micolóxicos como un activo máis das fincas forestais, e presentar as actividades desenvolvidas ao longo dos últimos 18 meses ao abeiro dun proxecto liderado desde Castela León pola Fundación Cesefor.
-
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe a novena edición de Cultura no camiño, o programa da Xunta de Galicia que promove un amplo circuíto de espectáculos escénicos e musicais ata o mes de setembro e que este ano bate o seu récord de participación con 163 concellos adheridos, unha cifra que supón un incremento do 25% respecto ao ano pasado e de máis do dobre en relación á edición celebrada en 2019.
-
Un informe socioeconómico para o deseño de estratexias para a creación de emprego no concello de Ourense. Así se presentou o traballo realizado por investigadores e investigadoras da Universidade de Vigo, unha análise na que se abordan 'todos os indicadores posibles para que axuden a apuntar cara un modelo de cidade que estea preparado para afrontar os retos máis inmediatos: a organización social logo da covid, a crecente e imparable dixitalización, a I+D+i ou a revolución verde'.
-
Unha iniciativa lúdica e cultural para dinamizar o rural ourensán a través do seu patrimonio. Así se presenta PEDRA, Festival de Saberes, que se celebrará na reitoral da Chaira de Riós (Ourense) o 26 de xullo; o 27 e 28 de agosto e 4 e 5 de setembro. O certame, organizado por A Bela Auria e a Universidade de Vigo, contará cunha ampla programación de obradoiros e actividades de lecer dirixidas a todo tipo de públicos.
-
O FIV de Vilalba está de volta. Celebrará este 2021 a súa 14ª edición, os días 17, 18 e 19 do próximo mes de setembro. Unha oferta musical que naceu anos atrás ao amparo das Festas Patronais de Vilalba e que, tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional. Foi a partir da cuarta edición cando o festival adquiriu entidade propia, celebrándose ininterrumpidamente nos meses primaverais ano tras ano; ata a chegada da Covid19.
-
O Colectivo Egeria vén de desenvolver a exposición-homenaxe a Suso Fernández ou Suso do Bahía, Fillo Predilecto do Concello de Foz, onde tamén foi Cronista oficial e destacado activista cultural, social e informativo. Esta mostra foi presentada o pasado xoves no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz, nun acto no que particiaron o homenaxeado, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz, ademais dun grupo de amigos e familiares de Suso Fernández.
-
A música lembrará e revivirá os poemas escritos en galego por Federico García Lorca cun concerto ao vivo que se celebrará o vindeiro mércores 21 de xullo, ás 20.30 horas, na solaina da Casa do Saber, ao pé da muralla romana de Lugo e a escasos metros da placa conmemorativa que lembra a presenza do autor granadino na cidade onde escribiu 'Madrigal á cidade de Santiago'.