Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O festival de artes escénicas USCénica 2021 bota a andar este martes 22 de xuño e estenderase ata o vindeiro día 10 de xullo. O encontro co artista de vídeo, intérprete e director de escena Rodrigo García, ás 20.00 horas deste martes, na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño, servirá de apertura para este festival de artes escénicas que chega á súa segunda edición. Ás 22.00 horas, será a quenda do pianista vigués Yago Vázquez Trío que actuará na terraza do Auditorio da Universidade.
  • Durante a última semana esta iniciaitva, que busca achegar a ciencia e a tecnoloxía ao rural e semirrural galego, visitou Bertamiráns, Portosín, Outes e Milladoiro. Alí realizaron numerosos talleres gratuítos sobre impresión 3D, electrónica básica, programación, robótica ou realidade aumentada, mesturando estas tecnoloxías coa cultura propia do lugar e a súa relación co Camiño de Santiago.
  • Ao longo destes días vanse xuntar en Galicia contadores de Guinea Ecuatorial, Brasil ou Portugal, pero non faltarán voces nacionais procedentes de Zamora, Salamanca, Cataluña e, por suposto, Galicia. Algúns dos nomes que configuran o cartel deste ano son Thoma Bakk, Marcelo Ndong, Sofia Maul, Eugenia Manzanera, Pep Bruno ou José Luis Gutiérrez "Guti".
  • O Atlas de Covas e Canóns de Galicia conta na actualidade con máis de medio milleiro de recursos: 492 covas e 21 canóns que representan 40 quilómetros topografiados e 1.102 metros de profundidade. Reúne as catro paisaxes subterráneas galegas (carst, pseudocarst, paracarst, covas de consecuencia), as construcións subterráneas máis singulares e os canóns equipados para a práctica deportiva.
  • As negociacións levadas a cabo polo rexedor fixeron posible conquerir os apoios de Vicepresidencia e Turismo e da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que se suman ao xa manifestado publicamente polo de Cultura e Educación, que dirixe Román Rodríguez e ó investimento na mellora das instalacións do colexio Virxe do Corpiño de mais de 500.000 euros, xa en fase de licitación.
  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe na rolda de prensa de Consello da proposta de calendario laboral correspondente ao ano 2022, que recolle como festivos propios o Día das Letras Galegas e o día de San Xoán. Tal e como explicou o titular da Xunta, a norma estatal establece 14 festas anuais de ámbito nacional, dous a elixir por cada concello.
  • Con dirección e dramaturxia da propia AveLina Pérez, interpretación compartida xunto a Daniel Casquero, composición musical de Ramón Raíndo, iluminación a cargo de Pedro Fresneda e montaxe de vídeo de Jesús Andrés Tejada, a nova proposta preséntase como un encontro arredor da vulnerabilidade 'en contraste con todo iso que nos queren facer crer que é vivir', segundo expresa a súa autora.
  • Tras a cancelación das edicións de 2020 e 2021 o Concello de Ortigueira, organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, enorgullécese de anunciar unha edición única para 2022, cuxa programación comezará a ser revelada nos próximos meses. O Festival adoita ter unha duración de catro días, sendo así un dos festivais gratuítos máis longos de todo o mundo, pero para 2022 programáronse oito días de actividades e concertos para convertelo nunha edición inesquecible.
  • Este programa enmarcado dentro das celebracións do Xacobeo 21-22 leva a poesía e o cinema a cinco vilas galegas emblemáticas do Camiño Portugués: Iria Flavia, Redondela, Pontecesures, Cesantes e Tui. Deste xeito, a arte tamén percorrerá durante cinco etapas o Camiño de Santiago, achegando a súa maxia a habitantes e peregrinos para que coñezan a poetas galegas, así coma filmes nos que o Camiño é o protagonista.
  • O concello de Ortigueira centrará por segundo ano consecutivo nas redes sociais os esforzos para impulsar o contacto cos seguidores do evento. Reforzará a campaña de difusión do concurso de novos talentos e estenderá o período de votación online, no que cada persoa poderá elixir aos seus artistas favoritos ata o día 24 de xullo.