Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe na rolda de prensa de Consello da proposta de calendario laboral correspondente ao ano 2022, que recolle como festivos propios o Día das Letras Galegas e o día de San Xoán. Tal e como explicou o titular da Xunta, a norma estatal establece 14 festas anuais de ámbito nacional, dous a elixir por cada concello.
  • Con dirección e dramaturxia da propia AveLina Pérez, interpretación compartida xunto a Daniel Casquero, composición musical de Ramón Raíndo, iluminación a cargo de Pedro Fresneda e montaxe de vídeo de Jesús Andrés Tejada, a nova proposta preséntase como un encontro arredor da vulnerabilidade 'en contraste con todo iso que nos queren facer crer que é vivir', segundo expresa a súa autora.
  • Tras a cancelación das edicións de 2020 e 2021 o Concello de Ortigueira, organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, enorgullécese de anunciar unha edición única para 2022, cuxa programación comezará a ser revelada nos próximos meses. O Festival adoita ter unha duración de catro días, sendo así un dos festivais gratuítos máis longos de todo o mundo, pero para 2022 programáronse oito días de actividades e concertos para convertelo nunha edición inesquecible.
  • Este programa enmarcado dentro das celebracións do Xacobeo 21-22 leva a poesía e o cinema a cinco vilas galegas emblemáticas do Camiño Portugués: Iria Flavia, Redondela, Pontecesures, Cesantes e Tui. Deste xeito, a arte tamén percorrerá durante cinco etapas o Camiño de Santiago, achegando a súa maxia a habitantes e peregrinos para que coñezan a poetas galegas, así coma filmes nos que o Camiño é o protagonista.
  • O concello de Ortigueira centrará por segundo ano consecutivo nas redes sociais os esforzos para impulsar o contacto cos seguidores do evento. Reforzará a campaña de difusión do concurso de novos talentos e estenderá o período de votación online, no que cada persoa poderá elixir aos seus artistas favoritos ata o día 24 de xullo.
  • Co gallo do 30 aniversario da inauguración da Fundación Pública Galega e baixo a coordinación de Yolanda Castaño, a institución de Iria Flavia organiza o ciclo 'Mazurca para dous poetas', inspirado na empatía que Camilo José Cela sempre demostrou polos autores mozos/as, e nos seus propios iniciáticos (e poéticos) pasos nas letras. A proposta seleccionou tres novas pero, á vez, sólidas voces da poesía galega e española e convidounas a que identificasen os seus auténticos referentes na poesía mundial contemporánea.
  • A exposición 'Dez anos en Daca' é o resultado da curiosidade de Santiago Fernández Mosquera por coñecer o país que acolle, dende hai dez anos, o proxecto da Cátedra Inditex de Lingua e cultura españolas na Universidade de Daca, da que é na actualidade director. As imaxes expostas no Claustro Alto de Fonseca non pretenden ser unha visión xeral de Bangladesh, senón unha mostra concreta das súas xentes, os estudantes da súa universidade, algúns oficios e paisaxes afastados da cidade e, en xeral, o ambiente dun lugar ateigado de vida.
  • O mes de xullo arrancará coa inauguración da 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), que encherá de teatro a vila ao longo de dez días. Entre o 1 e o 10 de xullo, Cangas será escenario de máis de 20 espectáculos co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar do mellor teatro cómico feito dentro e fóra de Galicia.
  • Os novos itinerarios botarán a andar o próximo mes e estenderanse ata outubro con 22 saídas con máis de 1.500 prazas permitindo descubrir as paisaxes e as marabillas da comunidade. Deste xeito, poranse en marcha as Rutas dos Faros, dos Pazos e Xardíns Históricos, dos Mosteiros ou da Lamprea, así como os seis trens turísticos que percorren os territorios de cada unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas.
  • Có título xenérico de LIBROS NO CAMIÑO que da nome ás Feiras do libro deste ano 2021 lembrando a celebración do Ano Xacobeo, celebrarase dende o vindeiro mércores día 2 de xuño, ata o sábado día 5 de xuño na Rúa do Paseo de Ourense a XXXVII edición da FEIRA DO LIBRO da cidade. A de Ourense é a cuarta das doce Feiras que se van celebrar ao longo da xeografía galega ata o mes de agosto.