Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • A partir dun traballo de dramaturxia das páxinas 52 a 88 do texto A casa da forza da escritora, actriz e directora de escena Angélica Liddell, a compañía da Aula de Teatro da USC encargarase de subir o pano da Mostra de Teatro Universitario de Galicia 2021. A representación terá lugar este luns no Teatro Principal de Santiago de Compostela, e servirá de colofón ao trinta aniversario desta compañía teatral. O martes 4 será a quenda da compañía da Aula de Teatro do Campus de Lugo.
  • Despois do éxito da primeira representación, a XXIII Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, regresou este mércores ao Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria coa obra A casa da forza 2, 52-88, un texto baseado nunha creación literaria da dramaturga catalá Angélica Liddell, premiada na Bienal de Teatro de Venecia no ano 2012.
  • A Aula de Teatro Universitaria de Lugo, dirixida por Carmen Conde, foi a encargada de levantar o pano da XXIII Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, unha edición moi agardada tras máis dun ano sen representacións en directo no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria. Gardando as distancias de seguridade e con todas as butacas completas, o público puido volver a gozar das representacións en directo coa obra A Emperadora, escrita e dirixida pola propia Carmen Conde.
  • A Biblioteca do Seminario de Lugo organiza a exposición 'Do Camiño ao papel: O fondo xacobeo da BSL” para celebrar o Día do Libro e o Ano Santo Xacobeo. A exposición repasa, a través de exemplares que van desde o máis antigo, do ano 1612, ata a actualidade, o espírito relixioso, literario e artístico da peregrinación a Santiago de Compostela no marco da historia de España e de Europa.
  • Visitas comentadas en liña, charlas e faladoiros sobre temas como a escrita xeroglífica ou as escavacións arqueolóxicas en Exipto a día de hoxe, obradoiros sobre papiros ou xincanas de enigmas en formato escape room compoñen un programa con opcións tanto para público adulto como para a cativada. A estas actividades súmanse as visitas guiadas que o Museo Centro Gaiás ofrece de balde.
  • Transcorrido máis dun ano do xurdimento da pandemia da covid-19, a Universidade de Vigo retoma esta semana a súa programación cultural e faino máis comprometida que nunca coas creadoras e creadores locais e convencida de que, nestes momentos tan duros para o sector cultural, as institucións públicas deben dar un paso adiante na promoción e valorización da cultura galega.
  • O Colectivo Egeria pon en marcha a web maragatosdelugo.org, para dar comezo ao seu traballo en relación coa histórica familia maragata Pérez-Carro, asentada na capital lucense desde 1880. A elección desta data débese a que o luns 19 de abril, cúmprense 40 anos do falecemento de Tomás Pérez-Carro García, representante da segunda xeración desta familia, cuxos pais, Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro chegaron á capital lucense procedentes de Santa Colomba de Somoza, capital da Maragatería leonesa.
  • 6coreógrafas, coordinado pola creadora e bailarina Paula Quintas, arranca cunha serie de obradoiros e terá continuidade do 23 ao 25 de abril con seis funcións e os seus respectivos coloquios, para os que se conta tamén coa participación de Alejandra Balboa, Clara Ferrao, Begoña Cuquejo, Marta Alonso e Andrea Quintana. Inicialmente celebraranse tres obradoiros dirixidos ao alumnado de varias escolas de danza e asociacións.
  • O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o nivel máximo de restricións para os concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove. Ademais, a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en seis concellos galegos, nomeadamente, na Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral.
  • Celébranse esta semana os Días Europeos da Artesanía a través de diferentes actividades de promoción e de divulgación dos oficios artesanais galegos. O evento, que comezou onte e remata o domingo 11 de abril, é unha iniciativa promovida en España pola Escuela de Organización Industrial (EOI) e pola súa área de promoción da artesanía, Fundesarte.