Notas
-
O Instituto da Lingua Galega (ILG) acaba publicar o sétimo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) dedicado ao léxico referido ao ser humano. O volume está constituído por 294 mapas que dan conta da variación léxica no dominio galego de conceptos vinculados coa familia, as relacións de parentesco, a vida en sociedade e certos oficios, en total máis de catro mil variantes léxicas para os case trescentos conceptos analizados.
-
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, deron a coñecer nun acto telemático a relación de premiados do concurso para rehabilitar a Fábrica de Armas como Cidade das TIC, así como o proxecto do primeiro edificio que se fará, o Centro de Servizos Avanzados (CSA).
-
O Concello de Begonte está efectuando xestións coa Consellería de Cultura, Educación e Universidades e coa Asociación Músico Crisanto, para consolidar e impulsar a acción educativa no Concello, da que van resultar beneficiados os estudantes do concello e zonas limítrofes. Por unha parte, estúdiase a fusión dos dous colexios existentes no Concello -Baamonde e Begonte- nun só, que totalizaría algo máis dun cento de alumnos máis os que poidan incorporarse de zonas limítrofes
-
Tivo lugar a presentación do proxecto Agasalla Coruña, promovido por Turismo da Coruña e na que estiveron presentes o concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá Juan Ignacio Borrego; a concelleira de Comercio, Mercados e Barrios Diana Sobral; Lanzada Calatayud, xerenta do Consorcio de Turismo da Coruña e Richard Huerta, presidente de Hospeco.
-
Hoxe, no Belén de Begonte, o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, deu lectura ao Primeiro Pregón Virtual do Nadal, en presencia do Alcalde de Begonte, José Ulla e do Presidente do Centro cultural que impulsa o Belén electrónico de Begonte e as actividdes do Nadal begontino, Jesús Domínguez Guizán.
-
A Plataforma Cultural SóLODOS presenta a 5ª edición de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020, Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos. Debido ás circunstancias derivadas da COVID - 19, nesta ocasión a programación SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020 celebrarase online os días 3, 4 e 5 de decembro a través de Facebook Live na páxina de SóLODOS.
-
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acolle este domingo o espectáculo ‘Unha aventura singular: o gato con botas’, unha versión musicada do conto clásico na que participa a narradora Charo Pita e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela coa dirección de Casiano Mouriño. O espectáculo, concibido ex profeso para a ocasión, esgotou os seus convites. e a lista de espera está tamén completa.
-
A cuarta edición dos Premios Youtubeir@s, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, dará a coñecer as persoas gañadoras dos seus doce premios a comezos do mes de decembro. Neste atípico 2020, por mor das circunstancias sanitarias, a organización do certame substituirá a gala de entrega por un formato dixital .
-
O Museo Gaiás acolle as obras finalistas da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea 2020. O programa Xuventude Crea, que este ano acada a súa 11ª edición, é un certame de creadores novos que pretende estimular e apoiar a imaxinación, creatividade e innovación dos mozos e mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, entre os 16 e os 30 anos.
-
A exposición 'Arquitecturas debuxadas' propón un itinerario visual inédito por Compostela a través dos debuxos do arquitecto, debuxante e pintor Santiago Catalán. O autor leva seis anos recollendo elementos das arquitecturas máis representativas das cidades galegas, o que se ten materializado na publicación de dúas obras sobre Lugo e Santiago. Esta mostra poderá visitarse no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o vindeiro 28 de febreiro.