Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O Festival Internacional de Cine Curtocircuíto deu a coñecer hoxe a programación completa coa que celebrará o seu décimo sétimo aniversario do 3 ao 11 de outubro en Santiago, nunha edición que por vez primeira combinará as actividades presenciais coas que desenvolverá en liña. Filmin será a nova sede do festival na rede, na que se poderán ver as seccións competitivas Radar, Explora e Penínsulas, así como a estrea de 'Lúa Vermella', o último traballo de Lois Patiño, que chegará a Santiago 9 de outubro.
  • Cada ano por estas datas a OV430 presenta a súa tempada de concertos. Nesta ocasión, coa intención de adaptarse á situación de incertidume provocada pola Covid-19, a orquestra presentou o seu Ciclo de Outono. Co patrocinio do Concello de Vigo, a tempada 2020-21 dividirase así en dous ciclos. Xa se coñece o primeiro deles, que se vai desenvolver durante os meses de setembro a decembro.
  • O Festival de Teatro Galego-FETEGA Celso Parada desenvolverá no Carballiño do 23 ao 26 de setembro a súa 31ª edición cunha carteleira dedicada integramente á escena do país, con espectáculos de sala, animación de rúa e unha Escola do Espectador como principal novidade das súas actividades paralelas. Os organizadores do certame, que incorpora a Carlos Ledo como director, presentaron en Ourense toda a programación, nun acto no que participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
  • La Ribot é coreógrafa, bailarina e artista visual. Actualmente vive e traballa en Xenebra e as súas obras presentáronse tanto en museos e galerías de arte como en teatros, desde a Tate Modern de Londres, ao MNCARS de Madrid, o Centre Pompidou ou o Théâtre de la Ville de París. No ano 2000 foi galardoada co Premio Nacional de Danza e coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en 2015, recoñecementos, ambos, outorgados polo Ministerio de Cultura.
  • Por terceiro curso académico consecutivo, o campus de Ourense, ao igual que os demais campus da UVigo, súmase á iniciativa Docs del Mes, ciclo de cinema documental que ten como obxectivo achegar o cine documental ao maior número de espectadores e abrilo a novos públicos proxectando documentais internacionais, de calidade e de temática e procedencia diversa. A programación ata finais de ano en Ourense constará nesta ocasión de catro proxeccións.
  • A Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos convocan este sabado, día 19, a unha ofrenda floral no Pedregal de Irimia, ás 12 da mañá, conmemorando celebración da IX Festa da Afirmación e Dignidade.
  • A exposición 'Rostros de ausencia' de Beatriz S. Saá acolle vinte obras interdisciplinarias que abranguen pintura, escultura e instalación, e que seguen a liña de traballo que a artista leva realizando durante os últimos anos na súa investigación académica sobre o alzhéimer. A mostra que foi inaugurada este xoves na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, pon o foco nos procesos consecutivos de modificación e perda da identidade.
  • Visibilizar a cultura nun momento tan sombrío como o actual é un dos obxectivos de Alguén que respira!, o festival de poesía que se desenvolve no Teatro Principal de Santiago de Compostela entre o 19 e 21 de setembro. Aprazado en marzo por causa da covid-19, o respira! cambia o solsticio de primavera polo de outono pero conserva a súa esencia de servir como motor de reación poético, con cinco estreas e a presenza de máis de trinta de poetas.
  • O ciclo, promovido polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, celebrará tres concertos de 20 minutos en tres balcóns emblemáticos da nosa comunidade onde Susana, en solitario, repasará pezas significativas do noso patrimonio. A primeira cita será en Ribeira, o venres 11 de setembro, ás 22.15 h. Susana Seivane interpretará pezas vencelladas ao noso patrimonio musical, prestando especial atención á relación entre os temas e os lugares escollidos para celebrar os concertos.
  • O Centro Dramático Galego (CDG) retoma a actividade pública do Salón Teatro co programa musical Mércores de varanda, que ofrecerá oito concertos de artistas e grupos galegos para conmemorar o centenario da inauguración deste edificio da rúa Nova compostelá, onde a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia ten a súa sede desde 1999. O gaiteiro Anxo Lorenzo será o encargado de abrir este día 9 este cartel, que se desenvolverá todos os mércores ata finais de outubro.