Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Tras a interrupción de marzo por mor da declaración do estado de alarma, o Festival Atlántica vén de anunciar a continuación da súa oitava edición, que se vai celebrar entre novembro e decembro. A presentación tivo lugar este xoves, 29 de outubro, nunha rolda de prensa na que participaron Mercedes Rosón Ferreiro, primeira tenente de alcalde e concelleira Responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela; e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica.
  • O Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense bota a andar co reto de achegarlles beneficios socioeconómicos á cidade e á súa contorna, como centro tecnolóxico de excelencia enfocado a aplicacións viables da intelixencia artificial no mundo real. La Molinera acolleu a presentación do novo equipamento municipal, nun acto no que participaron o alcalde de Ourense, o director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial, e representantes de diferentes entidades colaboradoras.
  • A través dela, amósase unha importante selección de obxectos e prendas de vestir, pertencentes na súa totalidade á colección de moda e indumentaria de Ana González-Moro, dama coruñesa que ao longo da súa vida recopilou vestidos, traxes e complementos de máis de cen anos de creación e que ata agora nunca foron expostos no seu conxunto. Son máis de trescentas pezas procedentes de herdanzas familiares, doacións e regalos do seu círculo de amizades.
  • Mira atrás no tempo con ollos amábeis…, é proposta coa que Vertixe Sonora dá comezo ao tríptico de concertos que compón o seu ciclo En Ruta, unha cita que comeza a ser referente nun contexto de creación e representación de identidades culturais a través do son. A música contemporánea e as experiencias do Camiño, que representa tantos outros camiños, representados a través da música.
  • A Xunta de Galicia converterá a Cidade da Cultura nun efémero cinema de outono para proxectar as tardes dos domingos 18 e 25 de outubro e 1 e 8 de novembro un pequeno ciclo familiar cos filmes Inside out, Le Havre, Ma vie de courgette e Persépolis, fitas que forman parte do amplo percorrido cinematógrafico da exposición 'Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia do Museo Centro Gaiás'.
  • Arranca en Laxe a nova proposta dos Bolechas, 'Xornadas en igualdade', unha ambiciosa xira que levará a mensaxe da igualdade e a prevención da violencia de xénero a varios municipios galegos. A actividade desenvólvese en dous días: o primeiro os Bolechas se achegan para saudar á cativada e o segundo, a través dunha función, lanzarán a mensaxe da importancia que ten facermos un mundo máis xusto e igualitario.
  • “Un amor moi grande á natureza” constitúe, como explica a artista Loreto Blanco, o punto de partida de Te miro y me veo, a exposición que ata o 22 de novembro protagoniza na Fundación Eugenio Granell, en Santiago de Compostela. A través de 36 obras, nas que Blanco busca retratar a “consciencia e sabedoría” que xorde da natureza, esta exposición tenta, como sinala a artista, provocar no espectador unha “mirada introspectiva cara un maior coñecemento”. 'Te miro y me veo' reúne unha serie de lenzos que parten á súa vez de fotografías tomadas nunha contorna natural.
  • A última campaña de escavacións desenvolvidas na Cova de Eirós por membros do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste, Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da USC e do Institut de Paleocología Humana i Evolució Social de Tarragona permiten afondar no coñecemento dos modos de vida dos neandertais e constatan a hipótese de que este enclave foi durante un longo período de tempo un campamento no que se desenvolvían actividades como a caza ou elaboración de utensilios.
  • O luns 19 de outubro celebrarase a terceira edición das Xornadas: Olladas á Antigüidade, organizadas cada curso académico pola profesora e decana da Facultade de Historia do campus de Ourense Susana Reboreda. Nesta edición, a cita leva por título Mulleres con nome propio co obxectivo de pór o foco en personaxes femininos destacados do pasado e por primeira vez, atendendo á situación sanitaria provocada pola covid-19, desenvolverase de xeito virtual, non presencial.
  • A cidade da Coruña celebra a Semana da Arquitectura cunha especial homenaxe ao arquitecto e profesor da Universidade da Coruña recentemente falecido Andrés Fernández-Albalat. A alcaldesa da Coruña presentou onte o programa de actividades nun acto que contou coa presenza do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura, Plácido Lizancos, entre outras persoas.