Notas
-
A USC aposta polas burbullas creativas, espectáculos de temática diversa e aforo reducido, para sortear sen riscos as limitacións derivadas da pandemia causada pola COVID-19 e dar continuidade así á ampla oferta de actividades culturais que, ano tras ano, achega á sociedade luguesa da man do convenio Lugo Cultural, no que a institución académica participa xunto co Concello e a Deputación Provincial de Lugo.
-
Dende o seu aprazamento, con motivo da crise do Coronavirus dende finais de marzo, o Festival Galego de Cabaré foise adaptando á nova realidade para ofrecer unha nova e emocionante edición que terá lugar os días 2, 3 e 4 de outubro, co emblemático Teatro Colón da Coruña como epicentro absoluto dunha mostra única en toda a península arredor deste xénero que mestura comedia, danza, maxia, circo ou teatro envoltos nun fío conductor de picardía, elegancia, sensualidade, provocación... e mascarillas.
-
O pintor noiés Alfonso Costa propón unha reflexión profunda sobre o proceso creativo e a condición humana a través dos seus traballos dos últimos anos. Partindo do impacto causado polo desastre de Fukushima en 2011, cada un dos lenzos que integran a mostra ‘Dentro do tempo’ convértense nunha metáfora pictórica sobre a transformación que o ser humano foi sufrindo a medida que a sociedade e a tecnoloxía avanzaron.
-
Play-Doc, Festival Internacional de Cinema de Tui, que se celebrará do 23 ao 27 de setembro, presenta en rigorosa estrea española os títulos que conforman a súa sección oficial. Cinco filmes procedentes de Chile, Arxentina, Bélxica e Portugal, que se poderán ver por primeira vez en España despois dun percorrido exitoso por algúns dos principais festivais internacionais. Play-Doc deseña a súa programación presentando primeiras obras de cineastas emerxentes ede realizadores xa consagrados.
-
O Concello de Ourense incorporará en setembro os tres primeiros enxeñeiros informáticos do novo Centro de Intelixencia Artificial. Así o anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen reitera a súa aposta por un proxecto “clave” para o futuro da cidade. Os tres técnicos acompañarán ao director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial, David Olivieri, para avanzar na posta en marcha do proxecto.
-
Rendeuse homenaxe en Guitiriz a Ricardo Carballo Calero, abríndose a exposición 'Don Ricardo de Fingoi', dentro dos actos do Festival de Pardiñas, que organiza a Asociación Cultural Xermolos. Na inauguración interviñeron a Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o Presidente da Asociación Xermolos e da Irmandade Manuel María, Alfonso Blanco Torrado; o Presidente do Instituto de Estudos Chairegos, Manuel Castro Santamariña, e o xornalista Xulio Xiz, que falou sobre os quince anos lucenses do profesor.
-
No escenario excepcional da praia de Pantín, o certame celebra a súa 33 edición ata o día 23 de agosto atraendo a un importante número de profesionais de alto nivel e os datos sobresaíntes a nivel de competición e de asistencia de anos anteriores repercuten de xeito directo non só no concello de Valdoviño, senón en todos os concellos de Ferrolterra e na imaxe de Galicia o que contribúe a internacionalizar e a posicionar a nosa terra no exterior.
-
O venres retiráronse dos corredores do Pazo de San Marcos os cadros dos presidentes da Deputación de Lugo nomeados durante a ditadura de Primo de Rivera e tras o levantamento militar do 1936 e a posterior ditadura.
-
O equipo do filme Cuñados, primeira longametraxe de ficción da produtora galega Portocabo, presentou o inicio da súa rodaxe, que dará comezo a semana que vén e se desenvolverá integramente na cidade de Ourense e noutros puntos da provincia. A Xunta de Galicia cofinancia a película cunha achega de preto de 260.000 euros.
-
A MICE, que se celebrará do 25 ao 29 de agosto en Santiago, estreará o documental Dorothé na vila de Alejandro Gándara e Olaia Tubío, premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña. A mostra incorpora o cinema ao aire libre, para gozar de filmes no Parque de Bonaval, no que se poderá ver Xoves de comadres de Noemí Chantada ou Las cinéphilas da arxentina María Álvarez.