Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O ano pasado caracterizouse por ser un ano lixeiramente seco e dos máis cálidos das últimas décadas. Esta é a principal conclusión do balance realizado por MeteoGalicia, que no avance do seu informe anual subliña sobre todo a anomalía rexistrada no que respecta ás temperaturas, con mínimas extremadamente cálidas, e máximas e medias moi cálidas.
  • Unha serie de lenzos, que a través do uso de pinturas fluorescentes, mudan o seu aspecto ao pasar a ser iluminados con luz ultravioleta, conforman, xunto cunha proxección audiovisual, a mostra que o artista José Manuel García, Elohim, presenta nestes días na sala de exposicións da Vicerreitoría do campus de Vigo. 'La Era de Acuario, el ascenso a la quinta dimensión o salto cuántico' é o título desta mostra pictórica, que poderá visitarse ata finais de xaneiro.
  • Investigadores da USC deseñan unha metodoloxía que permite medir cuantitativamente, a través da análise da rede social Twitter, o estado da opinión pública e o seu grao de adhesión ás políticas gobernamentais no marco da pandemia por mor da COVID-19. O artigo ‘Incorporating social opinion in the evolution of an epidemic spread’ analiza o estado da opinión pública en outubro de 2019 e abril de 2020.
  • A obra de 11 artistas novos, que reflexionan sobre o cóncavo e o convexo e sobre os distintos espazos habitables como algo que pode ser real ou ficticio, reúnese desde este luns no Espacio Matrioska da Universidade de Vigo, nunha exposición colectiva comisariada polas estudantes de intercambio Carla Gasparrini e Lorena Sosa, no marco dun traballo académico para unha materia do grao en Belas Artes.
  • As exposicións de Manuel Vilariño e Celeste Garrido prorróganse ata o 4 de abril no MARCO. Os espazos do primeiro andar continúan abertos e o público poderá seguir visitando as mostras en calquera das súas modalidades: individualmente, participando nas visitas guiadas —actualmente limitadas a grupos de 5 persoas— ou mediante o novo sistema de rutas interactivas.
  • A mostra ‘Afonso X e Galicia’, último proxecto expositivo que acolle a Igrexa da Universidade e impulsada polo do Consello da Cultura Galega (CCG), fusiona dúas das conmemoracións máis relevantes que teñen lugar neste 2021 que acaba de botar a andar: a celebración dun novo Ano Santo e o 800 aniversario do nacemento de Afonso X, unha das figuras máis relevantes da cultura europea.
  • A Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego dan ao prelo a obra 'Os animais de Fraguas', texto do polígrafo cotobadés ata o de agora inédito, sobre crenzas populares arredor dos animais. O secretario xeral de Política Lingüística e o presidente da fundación, Xusto Beramendi, presentárona acompañados por Miguelanxo Prado (ilustrador), Kiko da Silva (director artístico) e Fuco Sangiao (coordinador editorial).
  • Deuse peche a XV edición do Festival Internacional Rebulir, unha edición marcada pola adaptación da programación a Pandemia derivada da COVID-19. Foron catro días que incluiron obradoiros, concertos, animacións, exposicións... nun marco virtual ou con distanciamento suficiente. A Dirección do evento ven de destacar o alto grado de seguemento e interese mostrado a través das redes.
  • O Centro Ocupacional de Vilalba Terra Chá creou un Bosque de Nadal para o comedor de Zara Loxística -pioneiro na restauración sostible mundial-. O Bosque está formado por varias árbores de madeira de pino autóctono que apostan pola produción feita en Galicia e as técnicas artesanais. Trátase dun deseño orixinal do Centro ocupacional, que tamén se encargou da súa creación e instalación na sede de Inditex en Arteixo, como parte da ambientación navideña.
  • En tempos de pandemia e restricións, a Mostra de Teatro Infantil de Ourense (Moti) volve á programación co lema “arte para respirar”. O certame, que celebra este ano a súa 17 edición, traerá este Nadal a diferentes escenarios da cidade 17 representacións de 13 compañías estatais. Con algo menos dun terzo do seu aforo habitual e apostando por uns espazos culturais “seguros”, a cita terá lugar o día 22 e do 26 ao 30 de decembro e un ano máis entre as súas entidades promotoras está a Universidade de Vigo.