Notas
-
O Concello de Begonte vén de recabar o apoio da Xunta de Galicia co CEIP de Begonte a través dun investimento de 600.000 € para a mellora das súas instalacións educativas. O goberno begontino amosa a súa satisfacción por esta importante inxección económica que lle trasladou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ao alcalde, José Ulla Rocha, no decurso dunha xuntanza en Santiago.
-
A Xunta de Galicia facilitará que toda a poboación galega teña acceso a servizos financeiros no seu concello, de modo que dispoñan dun caixeiro automático no seu municipio e poidan acceder tamén a servizos de asistencia financeira e de formación en banca electrónica. A FEGAMP actuará como intermediaria entre a Administración galega e as entidades locais e trasladará a todos os concellos toda a información.
-
-
Investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, no marco do proxecto de investigación Predico (Predición dinámica de escenarios de afectación por covid-19 a curto e medio prazo), lograron desenvolver un novo modelo matemático co que avaliar como manter o equilibrio entre reducir as taxas de contaxio e a necesidade de reabrir as economías.
-
Neste contexto pandémico no que se unen unha certa tensión no ambiente cun enorme consumo audiovisual na rede, un novo proxecto busca recuperar o pracer do diálogo amable e construtivo entre persoas con diferentes perfís e intereses. Referentes é un proxecto audiovisual dixital, un ciclo de charlas entre persoas de referencia na nosa cultura que se poderá ver de balde na rede co obxectivo de "afondar no Nós colectivo", en palabras de Xurxo Couto.
-
A programación de actividades culturais deseñadas pola Área de Cultura da USC no Campus de Lugo sortearon os efectos de pandemia cun estado de saúde óptimo, segundo denotan as estatísticas de público computadas ao longo do exercicio 2020, período no que preto de 6.000 persoas participaron nos distintos cursos, seminarios, ciclos de concertos e demais accións organizadas ou promovidas pola institución académica.
-
A Cidade da Cultura de Galicia levará ao vindeiro mes de maio a celebración do festival Escenas do cambio, previsto do 18 ao 21 de febreiro, debido ás limitacións sanitarias que afectan á organización dun evento internacional no que participan artistas e compañías procedentes de cinco países (España, Portugal, Francia, Reino Unido e Xapón). Este festival cumpre a súa sétima edición e, neste ano, estrea dirección da man de Lola Correa,
-
O réxime de confinamento vivido en España durante a primeira vaga de contaxios por mor da COVID-19 chegou demasiado tarde nalgunhas provincias, ao tempo que podería terse acortado noutras. Esa é unha das conclusións que acaban de obter científicos da USC logo de fixar niveis de alerta epidemiolóxica en base á análise dos 250.000 casos de COVID-19 diagnosticados entre febreiro e xuño de 2020. O estudo que acaba de ser publicado na revista Archivos de Bronconeumología, revista da Sociedade Española de Neumoloxía.
-
Tivo lugar a reunión do Padroado da Fundación MARCO que fixo balance de 2020 e aprobou a programación de exposicións previstas para 2021, sempre que a situación sanitaria o permita. A Dirección do Museo fixo énfase na necesidade de continuar a liña de traballo iniciada a finais de 2019, mantendo activa a programación e dando prioridade ás necesarias tarefas de mantemento do edificio e da súa infraestrutura.
-
Debido á situación sanitaria provocada pola covid-19, a programación de proxeccións de documentais da iniciativa Docs del mes pasa no campus de Ourense a ser exclusivamente virtual. As persoas interesadas poderán solicitar de balde o acceso a cada sesión deste ciclo de cinema documental coordinado pola compañía Parallel 40, que programa cada ano o visionado de dez filmes en máis de 70 cidades españolas.