Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O lucense Xurxo Morales Varela, de 17 anos, acada en Andorra o terceiro premio internacional de saxofón na sección de xóvenes talentos. Xurxo Morales Varela participou nesta sección do certame como único representante de España e competiu con outras nacionalidades como Francia, Rusia e Italia. Formado no Conservatorio e en centros de ensino de Lugo estivo á altura de saxofonistas formados en Versalles e Moscú.
  • As circunstancias excepcionais provocadas pola pandemia, que limitan os seus desprazamentos, ofrecen tamén unha oportunidade para observar de novo o que nos rodea, poñelo en valor e protexelo. Ese é o obxectivo da exposición Galicia a un paso de ti de Turismo de Galicia, que inauguraron o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Afundación, Miguel Ángel Escotet na sede de Afundación de Santiago de Compostela.
  • Vaise prorrogar a mostra 'Vestir épocas. 1860-1960. A colección González-Moro', que tiña previsto finalizar o 4 de abril, ata o 30 de maio no Museo de Belas Artes da Coruña. Trátase da segunda prórroga da exposición, que desde a súa inauguración, en outubro do ano pasado, recibiu preto de 7.500 visitas. Amplíase así a posibilidade de coñecer unha importante selección de máis de 300 pezas, entre obxectos e prendas de vestir.
  • O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle estes días os últimos ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), Terceiro acto, cuxa estrea está prevista para o 15 de abril. Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez dirixen esta peza con textos da súa autoría a partir de improvisacións co elenco, formado por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha Tatán.
  • O Informe Xerf@ Formación e profesionalización aborda diferentes aspectos do traballo dos xestores culturais dos concellos galegos. No que se refire ao ámbito socioprofesional e laboral, o estudo constata que o persoal responsable da acción cultural ten un perfil heteroxéneo cunha crecente e progresiva incorporación de mulleres á profesión e unha vinculación laboral relativamente estable.
  • O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia organizará rutas e outras actividades de balde durante toda a Semana Santa para achegar os valores e a riqueza deste espazo natural a todo o público. Os arquipélagos de Cíes e de Ons se poderán visitar de xeito particular en transporte público ata o vindeiro domingo 4 de abril, un período no que a día de hoxe hai xa máis de 1.100 reservas confirmadas.
  • Desde este luns e ata o 21 de maio, a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a mostra Ocupar un corpo, da artista Deebo Barreiro e o comisario Vítor Nieves. Nela, esta egresada da Universidade de Vigo xoga coa fotografía, os espazos e a tecnoloxía para visibilizar e achegar ao público “as identidades de xénero que están máis fóra da normatividade”, do binarismo home-muller, como as persoas bixénero, axénero ou transxénero sen hormonar.
  • A Cidade da Cultura programa o sábado 20 o espectáculo Galicia Máxica, unha proposta da contadora Marta Ortiz cun repertorio composto por contos tradicionais galegos e portugueses. Esta sesión de contacontos, especialmente dirixida á cativada de entre 4 e 11 anos, contará con entrada de balde e poderá seguirse en directo por streaming.
  • Aínda que este ano o Festival Atlántica vaise celebrar durante o verán, o veterano encontro non quere deixar de festexar unha das súas citas máis emblemáticas: o Día Internacional da Narración Oral. Daquela, este sábado, 20 de marzo, e grazas á colaboración cos festivais Sete Falares de Pontevedra e Falando a Boca Chea da Coruña, unha vintena de espectáculos vanse desenvolver en múltiples puntos de Galicia.
  • En concreto, a exposición inclúe un espazo dedicado á familia de Lolita, unha verdadeira saga de artistas de Galicia, e unha zona na que se fai referencia á figura persoal e á traxectoria profesional e vital. Ademais, tamén se recollen os estudos e traballos sobre a obra desta artista e se fai un repaso da súa obra como ilustradora. Poderanse ver os seus traballos en publicacións como Galicia, Céltiga ou Mariñana, entre outros.