Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • O concello de Ortigueira centra nas redes sociais os esforzos para impulsar o contacto cos seguidores do evento. Reforzará a campaña de difusión do concurso de novos talentos e estenderá o período online de votación, no que cada persoa poderá elixir aos seus artistas favoritos ata o 8 de xullo. En 2021 serán seis as bandas finalistas, as tres deste 2020 e as tres que se elixan na seguinte edición, e o festival ampliarase unha xornada máis, pasando de catro a cinco días e creándose o “Día Runas”.
  • Celebrouse unha a mesa redonda a través de vídeoconferencia 'Hoteis de Galicia: abrimos? como? cando?', organizada pola Asociación de Empresarios de Hospedaxe de Pontevedra (ASEHOSPO), Hostelería de Vigo e Hosteleria de Pontevedra, onde se puxo de manifesto o traballo que se está a facer da man do sector para elevar os estándares de seguridade por riba da media no proceso de reapertura dos hoteis.
  • A Cidade da Cultura promove o vindeiro mércores 20 de maio a segunda edición de #CulturaLike, un encontro para reflexionar sobre as claves da divulgación cultural e científica en internet, que será emitido en liña e reunirá a tres grandes divulgadores da rede: os galegos Déborah García Bello –Deborah Ciencia– e Miguel Ángel Cajigal –El Barroquista– e o manchego José Luis Crespo –Quantum Fracture–. O evento enmárcase no programa de actividades #aculturasegue da Consellería de Cultura e Turismo.
  • A exposición estará na sala de proxectos, no primeiro andar, do 6 marzo ao 14 xuño de 2020. Producida polo Museo de Arte Contemporánea de Vigo e comisariada por Miguel Fernández-Cid e Pilar Souto Soto, conta ademais coa colaboración da Deputación de Pontevedra. A mostra céntrase nas obras nas que Yolanda Herranz Pascual (Barakaldo, Biscaia, 1957) xoga co sentido e forza dos conceptos, convertindo a palabra en dimensión e enerxía escultórica.
  • O Concello de Ourense porá en marcha este ano o Premio Nós de Relatos, unha iniciativa que nace con motivo da conmemoración do centenario da Revista Nós, coa que quere render homenaxe ao traballo deste grupo, á revista e en definitiva a un dos proxectos culturais máis singulares e que situaron a cidade de Ourense como a Atenas de Galicia.
  • Máis de 4300 alumnas e alumnos acudirán a esta representación de La Baldufa Companyia de Comediants. Os nenos e nenas poderán entender as ameazas do bullying a partir do comportamento dos seus protagonistas, os animais da sabana. A preocupación dos investigadores Piñote e Calabacín será a de descubrir que está a suceder e axudar a estes animais ensinándolles que, a través das nosas actitudes e comportamentos en positivo, é posible convivir dunha maneira tranquila, respectando a todos.
  • O Director da MIT, Roberto Pascual, recolleu da man da ADE (Asociación de Directores de Escena de España) este recoñecemento que o colectivo concedeu ao festival galego por ser un exemplo de calidade artística e de xestión no ámbito das artes escénicas a nivel nacional e internacional. A MIT quere agradecer este recoñecemento, que reforza ademais a imaxe positiva do conxunto de todas as artes escénicas galegas, nun momento de especiais dificultades para a Cultura en Galicia.
  • O festival coruñés de cómic autoeditado acada este febreiro a súa duodécima edición, despois de seis edicións de verán e outras tantas de inverno. Máis dunha trintena de creadoras e creadores inscritos porán á venda as súas publicacións no encontro, que ademais contará cunha palestra sobre animación, curtas de animación independente, unha xincana de debuxo e para finalizar unha festa de disfraces.
  • Será a primeira Vía Verde da provincia da Coruña e a de maior extensión de Galicia, cun itinerario de 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do ferrocarril que permitirá camiñar ou andar en bici desde o núcleo urbano de Cerceda ata a estación da Sionlla de Santiago, atravesando espazos de gran interese medioambiental, histórico e cultural, e contribuíndo a vertebrar os núcleos rurais da zona e terá unha importante repercusión turística e socioeconómica.
  • Beleza, verdade é o titulo da antoloxía poética de Ricardo Carvalho Calero realizada por Pilar Pallarés, unha das máis aprezadas discípulas do escritor ao que este ano se lle deica o Día das Letras Galegas. O libro, un proxecto de Chan da Pólvora que se xestou durante varios anos, preséntase este xoves en Compostela, nun acto no que participarán Pallarés e Miguel Anxo Fernán Vello. A libraría do Chan da Pólvora é o lugar da cita. Esta é a segunda ocasión en que Pallarés se enfronta á poesía do autor ferrolán.