Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • María Antonia Rilo foi proposta pola Federación de Asociacións Veciñais Limiar polo seu relevante traballo desde a esfera pública e privada na defensa dos dereitos das mulleres e a loita pola igualdade de xénero. A Rede Galega contra a Trata foi proposta pola Concellería de Igualdade por ser un instrumento de intervención e coordinación entre as asociacións e persoas integrantes da rede, a sensibilización dos axentes sociais implicados nesta problemática.
  • A Terraza é un testemuño singular dos pavillóns ou quioscos modernistas típicos dos anos 20 e representa un caso único de conservación dos inmobles desta tipoloxía e función na Comunidade Autónoma, ao ter sobrevivo á desaparición case absoluta dos seus coetáneos, dos cales existiron abondosos exemplos. Trátase, ademais, dunha construción sobranceira para Galicia polos seus extraordinarios valores culturais e unha dimensión social significativa asociada á identidade e historia recente da vila sadense.
  • A Orquestra Vigo 430 colabora habitualmente con grandes solistas de talla internacional, e a cita do próximo domingo día 16 é unha das datas destacadas da tempada 19/20. Celébrase o cuarto concerto da mesma, e estará íntegramente adicado á figura de Beethoven. Toda Europa está inmersa na celebración do 250 aniversario do nacemento do compositor de Bonn. A OV430, para celebrar unha cita tan especial, quedou coa mellor das opcións.
  • A peza 'En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic', da compañía da USC servirá o luns 10 de febreiro, ás 21.00 horas, de punto de partida para o XXVI Festival Internacional de Teatro Universitario. O Salón Teatro será a sede deste ciclo que se estenderá ata o venres 14. A obra La isla, da compañía lituana Teatras Studija Palėpė, ocupará a sesión do martes 11. O mércores será a quenda da Aula de Teatro da Universidade de Almería con Nana.
  • A programación de actividades organizadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural encherá de vida e arte a cidade ao longo deste ano 2020 coa celebración dunha decena de eventos culturais interdisciplinares, entre os que se inclúen festivais de teatro, encontros de danza, conferencias, escoitas electroacústicas, performances e certames de fotografía e videocreación, ademais de visitas guiadas e 19 concertos estruturados en ciclos de música de cámara e música galega de estilos variados.
  • A recén premiada co Goya a actriz revelación, dará o discurso de apertura do evento, o sábado 29 de febreiro ás 12.30 h na carpa do campo da feira. A súa carreira como actriz comezou en 2019 cando despois de que a súa filla a levara ao casting, debutou cun papel protagonista no filme “O que arde”, de Óliver Laxe, interpretación pola que aos seus 84 anos foi premiada o pasado 25 de xaneiro co Goya 2020 á mellor actriz revelación.
  • A Real Filharmonía de Galicia xunto ao Cuarteto Quiroga serán os responsables de dar comezo a unha nova Tempada de Música Clasica de Afundación, a Obra Social de ABANCA, xunto á Sociedad Filarmónica de Vigo. Ofrecerán un concerto o vindeiro 14 de febreiro, ás 20.00 h, no Teatro Afundación de Vigo. Baixo a batuta de Paul Daniel interpretarán Masquerade, de Anna Clyne, Absolute Jest, de John Adams, e a Sinfonía nº 2 en re maior de L.V. Beethoven.
  • O Concello de Padrón outorga o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva ao actor Miguel de Lira. O xurado tomou esta decisión por unanimidade, tras ter analizado as propostas de todos e todas as candidatas presentadas a esta edición do galardón de arte dramático. Os membros deste comité valoraron a súa interpretación en ‘Curva España’, na que, baixo a súa perspectiva, fixo unha importante posta en valor da oralidade en lingua galega.
  • Este excepcional dúo escocés está formado por dous xenios musicais numerosas veces galardoados, vellos amigos e dous dos mellores músicos da súa xeración, se unen para esta nova demostración dos seus talentos. Ross Ainslie (gaitas, wishtle, cittern) é un dos mellores músicos e compositores tradicionais de Escocia. Tim Edey (guitarra, melodeón) é brillante, en todos os sentidos. O concerto terá lugar o sábado 15 de febreiro ás 20 h no teatro de beneficencia de Ortigueira.
  • O festival Esmorga Fest, considerado como o festival máis madrugador do ano e que reunirá aos amantes da música indie e underground o 13 e 14 de Marzo en Sarria (Lugo), presenta o seu cartaz definitivo con incorporacións que non deixarán a ninguén indiferente. Un cartza do que os medios xa se fan eco polo seu alto nivel de calidade para un festival cun prezo reducido e que gozará de todas as comodidades que nada deixa que envexar aos grandes festivais do panorama nacional.