Notas
-
Este 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, e tamén se celebra un novo recital do ciclo POETAS DI(N)VERSOS, a programación poética da que trae a Coruña o mellor da poesía galega e do mundo. No Auditorio do Centro Ágora, esta nova lectura pública de poemas reunirá dúas sensibles poéticas formuladas dende o xénero masculino.
-
Ourense converterase un ano máis na capital galega da información, marketing, deseño e publicidade coa celebración do Foro da Comunicación de Galicia chega a súa sétima edición consolidado xa como un punto de encontro de referencia para os profesionais galegos vencellados a estes sectores. Esta cita celebrarase o venres 29 de novembro en Expourense.
-
A cidade de Ourense converterase un ano máis en referente da danza contemporánea coa 4º edición de SóloDOS en Danza. O certame desenvolverase o xoves 21 até o sábado 23 de novembro, cunha chea de actividades que lle achegarán a danza contemporánea a todo tipo de públicos. Esta edición contará con artistas de Galicia, País Vasco, Madrid, Cataluña, Asturias, Valencia, Santander, Zaragoza, Granada, Costa Rica, Ucraína, Chile, Ecuador e Arxentina entre outros.
-
O festival Cineuropa entra na súa terceira semana, na que acollerá a chegada á pantalla grande de dúas agardadas longametraxes galegas, 'Longa Noite' e 'Eroski Paraíso'. O festival abrirá espazos de diálogo en torno ao cinema con mesas redondas que achegarán a obra do director underground Jonas Mekas; a realidade dos festivais de cinema e o traballo que se fai dende a dirección de fotografía.
-
A AELG organiza a 'IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción'O sábado 23 de novembro terá lugar a IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, que se vai celebrar no Espazo Normal (Paseo de Ronda, 47 -como chegar-), na Coruña. As xornadas da Sección de Literatura Dramática da AELG naceron con vocación de poñer en foco unha das manifestacións artísticas máis senlleiras e estratéxicas dun sistema literario e dunha cultura de seu.
-
Esta zona comprende un conxunto de bens de diferente natureza situados no cumio e ladeiras do coto no que se localiza o castro, ocupado de xeito continuado desde a primeira Idade de Ferro pasando pola Idade Media ata a actualidade. Entre eles, figuran estruturas defensivas visibles como murallas, foxos e antecastros. Unha das principais singularidades de Castromao dentro do conxunto dos castros galegos é a cantidade, variedade e riqueza dos restos arqueolóxicos exhumados.
-
Máis de 70 profesionais de 51 empresas de ambas as beiras do Miño participan no V Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia, que se desenvolve hoxe e mañá no balneario da localidade ourensá de Arnoia. A Xunta e o Goberno luso organizan este foro bilateral, que continúa aumentando progresivamente tanto en nivel de participación como en acordos de colaboración e coprodución.
-
O concelleiro de Cultura, Mario González, e o técnico Anxo Saborido presentaron esta mañá o IV Ciclo Lírico Ourense 2019, que se desenvolverá os 3 próximos venres (15, 22 e 29 de novembro) ás 20.00 horas no Teatro Principal. Trátase dun “ciclo musical de calidade”, en palabras do concelleiro, que pretende achegar á cidadanía “unha proposta musical diferente á que en xeral non se pode acceder con tanta facilidade coma a outras”, explicou Saborido.
-
Tivo lugar hoxe a mesa inaugural do 'Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía: os municipios, pezas clave do desenvolvemento', que acolle a Escola Galega de Administración Pública - EGAP ata mañá, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade nacida no ano 1997, produto da vontade integradora das políticas de cooperación para o desenvolvemento no ámbito da cooperación oficial descentralizada local.
-
No Auditorio do centro social Afundación de Vigo deuse a coñecer o ditame da cuadraxésima segunda edición dos Premios da Crítica de Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica.