Notas
-
Case duascentas actividades pecharán até fin de ano unha nova edición da Rede Cultural da Deputación da Coruña que neste 2019 ofreceu case dúas mil actuacións nos concellos da Coruña. A Rede Cultural da Deputación da Coruña pechará o ano 2019 cunha ampla programación nos concellos da Coruña, especialmente intensa nas actividades destinadas ao tempo de lecer no Nadal. Até fin de ano programaranse a través do circuíto cultural un total de 173 actividades.
-
Santiago acollerá, da man da Axencia de Coñecemento en Saúde, o debate experto arredor do futuro da innovación sanitaria. A primeira edición da xornada Fronteiras da Innovación Sanitaria 2019, con máis de 200 profesionais inscritos, permitirá examinar os avances reais na sanidade galega vencellados a proxectos de innovación, difundir as oportunidades existentes na compra pública innovadora ou explorar novos modelos de cooperación en materia de I+D+i.
-
Obradoiros infantís e concertos encherán o Tinglado do Porto de Vigo no Nadal Solidario, que abrirá as súas portas o vindeiro 16 de decembro, co Nacemento da Catedral de Santiago e as ONGs como principal reclamo. Un proxecto co que se procura pór o foco de atención sobre os aspectos máis tradicionais do Nadal, nun espazo pensado para todos os públicos, coas familias como prioridade.
-
Un total de 1.544 alumnos de educación infantil de 32 concellos poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel entre os días 10 e 20 de decembro, grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT. Os escolares de Marín, Celanova, Bande, Campo Lameiro e Xunqueira de Ambía serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará este martes, cunha duración de media hora en cada localidade.
-
Son 105 actividades que teñen lugar cada fin de semana ata que remate o ano e nas que os peregrinos poden interactuar cos veciños das cidades e vilas polas que pasa a Vía da Prata, unha ruta con destacados recursos naturais e patrimoniais e que conta cun importante potencial de crecemento. Con este obxectivo deseñáronse tres tipos de actividades: rutas a pé, iniciativas gastronómicas, e obradoiros para nenos e adultos nos que transmitir os valores xacobeos.
-
Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co seu ciclo de conferencias «Educación século XXI» con novos relatores e temas, consolidando así esta firme aposta da entidade pola difusión de modelos formativos diversos, en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais e creando foros de intercambio de coñecemento que inclúan tanto docentes como nais e pais.
-
A xenial bailaora e coreógrafa Sara Baras é a aposta da programación cultural do Concello de Ourense para esta semana. O sábado, 7 de decembro, ás 21.00 h subirá ao escenario do Auditorio para presentar Sombras, o espectáculo co que vén de triunfar en cidades como Nova York, Londres, París ou Barcelona. A artista gaditana leva máis de 30 anos sobre os escenarios, acadando éxito tras éxito a nivel internacional e reunindo millóns de espectadores.
-
O discurso expositivo desta mostra, que representa un amplo abanico de temas, técnicas e estilos de Luís Seoane, está dividido en catro grandes bloques temáticos que ocuparon un importante lugar no seu universo iconográfico. O primeiro deles está dedicado á muller galega, o segundo á natureza e á paisaxe, o terceiro á guerra e a denuncia social e o último céntrase nos mitos, tradicións e lendas con referencias a fantasías ou contos populares.
-
Afundación presenta 'Cataventos', un novo ciclo de concertos protagonizado por instrumentos de ventoAfundación, a Obra Social de ABANCA, presenta unha nova proposta musical na súa sede da Coruña. Nesta ocasión os instrumentos de vento serán os protagonistas no ciclo de concertos denominado «Cataventos» no que participarán o cuarteto de trompas Catrocores (5 de decembro), o quinteto Zoar Ensemble (12 de decembro) e o grupo Hércules Brass (19 de decembro).
-
O libro presenta unha biografía do prezado autor cun amplo álbum fotográfico destinado especialmente a dar a coñecer a figura de Neira Vilas ás novas xeracións. Pero ademais, a publicación incorpora un código para acceder a un dos títulos máis destacados do autor, Contos vellos para para rapaces novos, en formato audiolibro. Unha boa forma de achegarse a unha obra na que Neira Vilas recompilou algúns dos contos máis destacados da tradición oral dos cinco continentes.